Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO INICIA A COMPETICIÓN LIGUEIRA CON BO PÉ

O BM.Culleredo comezaba esta fin de semana o seu periplo pola primeira autonómica masculina nunha nova tempada chea de ilusións e obxectivos ambiciosos. O Balonmán Narón - Ferrolterra, era o primeiro rival para os cullerdenses, que comezarían con bo pé, logrando os primeiros dous puntos en feudo ferrolán.

O partido comezaría co conxunto de Culleredo dominando o marcador e o xogo, pero as diferenzas serían curtas nun primeiro instante porque a retagarda dos visitantes non estaba a funcionar como en semanas anteriores. Demasiados estáticos e con escasa iniciativa cara ao rival, o BM.Culleredo sufría as acometidas da primeira liña Ferrolá e do seu pivote. Así foi, que o conxunto de Narón aguantaría ata o meridiano cun marcador próximo ao seu rival (9-10), momento no cal, os cullerdenses enlazarían varias accións defensivas con éxito e na transición asinarían un parcial de 6-14, que suporía, ao cabo, unha diferenza insalvable para o equipo local. Con ese 15 - 24, retirábanse ambos os equipos ao vestiario á espera dos segundos trinta minutos.

No segundo acto, non houbo lugar á sorpresa e o BM.Culleredo continuaría aumentando a distancia con respecto ao seu rival para acabar impóndose cun incontestable 31-44 que inauguraba a marcadora de puntos dun equipo, que se sitúa líder na táboa clasificatoria debido a este amplo marcador.

Balonmán Narón-Ferrolterra: 31 (15 + 16). Joel Muiño, Marcos Pombal, Alberto Díaz, Pablo Otero (3), Alejandro Daniel Díaz, Sergio Fdez (3), Alejandro Dopico, Damián Martínez (1), Ángel Eimil (15), Ignacio Foces (4), Pablo Mª Rodríguez (2), Elías Paz, Gonzalo Rioboo, Hugo José Piñón (3).

BM. Culleredo: 44 (24 + 20).  Oscar Bello (p), Cristian Vigo (p), Antonio Vieiro (P), Alberto Catoira (1), Carlos Costa, Miguel Casal (7), Iago Franco (4), Daniel Del Río (2), Marcos Vázquez (5), Daniel De Salvador (3), Juan De Salvador (1), Álvaro Fdez, Darío Pérez (3), Aresio Rosende (4), Diego Gago (4), Mario Crecente (10).

Parciais cada 5´: 2-4 / 7-7 / 9-10 / 10-14 / 13-20/ 15-24 / Descanso / 16-27 / 19-31 / 23-33 / 26-37 / 27-41 / 31-44 / Final.

Árbitros  : Pablo Torreiro e Henrique Folgoso. 

Incidencias:   Primer encontro da liga de 1ª autonómica 2021/22, disputado no pavillón da Gándara en Narón ante oitenta seguidores de ambos os conxuntos.

Fotos Do encontro:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *