Saltar ao contido

O climanosa cae na primeira xornada do playoff.

Esta fin de semana, o grupo cade Climanosa, tentaba a sorte para obtar o ascenso a liga ouro. O venres poñíamos rumbo ao pabellón de Carballal, para desputar a primeira xornada deste.

O Carballal, un rival duro e con moito peso, poñianos as cousas complicadas dende o comezo do encontro, cun xogo rápido e constantes subidas de balón en primeira onda, algo que nos fixo moito dano. O equipo rival foi quen de manter a intensidade todo o encontro, sen baixala garda en ningún momento. Os nosos xogadores o intentaron de todas as mañeiras posibles pero non fumos capaces de acercarnos ao taboleiro. Xa nas fases máis avanzadas do encontro, os nosos plantexaban un bo xogo combinativo, xogando cuantiosos pases e vai con pivote, e con moi bos desprazamentos sen balón, o que conseguía facer brechas na defensa rival, malia iso, foi insuficiente para lograr un mellor resultado.

Cabe destacar que os nosos pelexaron todo o encontro, e pese a desesperación de ver un marcador tan abultado, non se deu o encontro por rematado ata o pitido final.

Ben loitado rapaces!!!! as derrotas tamén nos fan medrar.

Carballal 48-16 Culleredo Climanosa

Parciáis cada 5': 5-0/11-3/17-4/20-7/25-7/26-9/descanso/28-9/33-10/37-10/42-10/46-12/48-16

Bm Culleredo: Bruno (7), Nico Arias (1), Nico Díaz, Iago Vázquez (1), Pestonit (1), Casal (1), Xoel (1), Félix (2), Anxo, Mario (1), Álvaro, Mateo P., Adri López(p), Hugo (1), Rubi (p)

Colexiado: Inocencio Pérez

Incidencias: Xornada 1 do playoff de ascenso a liga ouro cadete, desputada no pavillon do loureiro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *