Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES, CAE CON CONTUNDENCIA NO INICIO DE LIGA

Non era o mellor rival, nin a mellor situación na que chegaba o BM.Culleredo Despreocúpate.es ao seu primeiro partido de liga na pista de O Gatañal. En fronte, o Luceros, un dos equipos chamado a loitar polo campionato galego da categoría. Os cullerdenses, con baixas importantes e faltos de efectivos pola lesión de Xoel e Pablo, un proceso gripal de Martín aparte da ausencia de Guille Briones e o primeiro partido de Nuno despois de tres semanas de baixa, non acudían ao envite con todas as opcións desexadas, pero tampouco se esperaba sucumbir tan pronto aos intereses dos locais.

Non houbo historia en ningún momento no partido que enfrontaba ao Luceros e BM.Culleredo Despreocúpate.es Os de O Morrazo, cun ritmo vertixinoso, impuñan a súa superioridade para marcar grandes diferenzas nos primeiros instantes. A exclusión de Nuno deixaba minguado ao equipo aínda máis e, desta forma, o 30-14 que reflectía ao descanso o electrónico, deixaba o envite visto para sentenza.

Na continuación, por tanto, ambos os conxuntos limitaríanse a cumprir o expediente, visto que o encontro non daba para moito máis. O Luceros continuaría aumentando a diferenza e finalmente acabaríase impondo de forma clara e cun resultado incontestable dada a superioridade demostrada o pasado domingo.

Luceros: 55 (30+25). Gabriel Choren, Miguel Hermello (3), Carlos Menduiña (3), Hugo Dasilva, Manuel Pérez (8), Pablo Fdez (7), Iago Iglesias (4), Manuel Barreiro (3), Elias Aakcha (2), Roberto Castro (1), Rodrigo Caamaño (4), José Manuel Meira (5), Adrián Chapela, Gael Blanco (15).

BM. Culleredo Despreocúpate.es: 24 (14+10). Jorge López (P), Martín Ínsua, Mateo Kidus, Iago Chao (3), Nicolás Pérez (4), Mateo Díaz (10), Nuno Loxo (4), Senén Garea (3), Gonzalo Palleiro, Guillermo Puga, Iago Bescansa.

Colexiados: Julio Villanueva e Carlos Calvar.

Incidencias: Primeiro encontro da liga Ouro en categoría xuvenil disputado no Gatañal de Cangas ante un centenar de seguidores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *