Saltar ao contido

BM CULLEREDO, ÚNICO CLUBE DE GALICIA CON EQUIPOS EN LIGA OURO DE TÓDALAS CATEGORÍAS

O equipo xuvenil masculino, clasificado para a liga ouro

Nas derradeiras duas semanas xogáronse os play off de ascenso as ligas ouro nas categorías infantil, cadete e xuvenil, tanto masculinas coma femeninas, a máis alta división para @s rapac@s destas idades. O clube Balonmán Culleredo acadou os máis grandes éxitos

Na fin de semana do 1-2-3 de Outubro disputáronse os play off de ascenso as ligas ouro organizadas pola Federación Galega de Balonmán nas categorías infantil femenina (A Guarda), infantil masculina (Pontevedra), xuvenil femenina (O Grove) e xuvenil masculina (Culleredo). Os representantes do clube Balonmán Culleredo, respectivamente BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA, BM CULLEREDO REMAX RIAZOR, BM CULLEREDO RAFERGAL e BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES cumpriron con creces o seu primeiro obxectivo da tempada, ascendendo a máxima división cada un dos catro equipos nos seus respectivos play off.

Completouse o éxito na fin de semana do 8-9-10 de Outubro coa clasificación para a máxima división do BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO e do BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR, representantes do clube nas categorías cadete masculina e femenina respectivamente nos play off de Pontevedra e Cangas do Morrazo.

Con isto, o clube Balonmán Culleredo terá representación en TÓDALAS categorías da máxima división de balonmán, acadando a honra de ser o ÚNICO clube Galego con equipo na máxima división en tódalas categorías posibles. Completa o éxito do clube o participar tamén nas ligas prata con outro equipo nas categorías masculinas.

Un éxito xa anunciado...

O chegar ao máis alto nível do Balonmán Galego en canto as categorías base non é un éxito puntual no clube. O traballo ao longo dos derradeiros anos comeza a dar os seus froitos a nível de calidade, logo de xa levar varios anos entre os 5 equipos galegos con maior número de licencias. Actualmente o Clube Balonmán Culleredo conta con 272 xogador@s de balonmán entre os 4 e os 40 anos, e está nestas semanas aumentando o número en rapaces de educación infantil e primaria. Un probable aumento nesta tempada ate as 290-300 licencias fará que o clube de Culleredo compita con un total de 29 equipos nas distintas ligas organizadas pola Federacion Galega de Balonmán.

O traballo da equipa dunha ducia de adestradores e monitores perfectamente coordinados fai que o nível dos xogador@s do clube creza diariamente.

Ate nove xogador@s do "Culle" e 2 adestradores convocados coas seleccións Galegas de Balonmán

A laboura do clube non remata mesmamente nel, posto que actualmente proporciona 9 xogadoras e xogadores as seleccións galegas das categorías infantil, cadete e xuvenil, masculinas e femeninas, que nestes días concéntranse en Pontevedra co obxectivo de preparar o campionato de España de seleccións autonómicas, a disputar a comezos de xaneiro de 2022. Fernando Vázquez, na categoría xuvenil masculina e Alejandro Seijo, na infantil masculina, adestraran a Mateo Díaz e Jorge López (xuvenil masculina) e Hugo Díaz, Iago Allegue, Jorge Outón e Jaime Serrano (infantil masculina) nestes días xunto co resto de integrantes das seleccións; e tamén Samuel Seijas e Marcos Regueiro (cadete masculina) e Diana Dozo (xuvenil femenina) poranse as ordes d@s seus respectivos adestrador@s. Compre salientar tamén que o cadete Samuel Seijas ven de concentrarse durante unha semana no Centro de Alto Rendemento de Serra Nevada (Granada) coa selección Española da súa categoría.

Inscripcións abertas e campaña de socios activa

Actualmente está aberta a inscripción de xogadores no clube, con proba gratuíta durante dúas semanas e a campaña de socios e patrocinadores do clube, que fan posible todos estos éxitos dos rapaces Cullerdenses. en www.balonmanculleredo.com áchase toda a información.

Un comentario en “BM CULLEREDO, ÚNICO CLUBE DE GALICIA CON EQUIPOS EN LIGA OURO DE TÓDALAS CATEGORÍAS

  1. José Manuel

    Canto me satisfacen estas, para min, novas.
    Alégrome disfrutar ao recoñecer o traballo que esta des a facer.
    O camiño cara á utopía debe continuar sin paradas para alonxarse cos éxitos puntuais en pro dun teito de alta cume. Grazas pola vosa labor!!!

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *