Saltar ao contido

ARRANCADO MOTORES

Clara victoria do Porriño baseado no seu ataque e unha soberbia Diana na portería.

O Rafergal tan só puido plantar cara os dez primeiros minutos do encontro a un Porriño cheo de experiencia na categoría. A partir de ahi a ventaxa do equipo rival foi en aumento chegando ó descanso con 12 goles de diferenza.

Primeira parte caracterizada por un baixón físico importante e estar sen a penas trocos de banquillo pasaba máis factura no campo a medida que pasaban os minutos. A simpleza de accións de gol que facía o equipo local , perdían importancia ante as rápidas contras do equipo rival.

A segunda parte foi unha demostración de que nunca hai que tirala toalla e a poucos minutos da reanudación, as nosas conseguían blindala porteria impedindo que durante vinte minutos o equipo rival non marcase. Diana colleu protagonismo e salvou o equipo dunha derrota maior. Sacáronse enerxias de onde non as había pero quizais a gran desventaxa da primeira parte facía o imposible que era poder levala victoria para casa.

Este tipo de partidos non merma a ilusión de extrearse na categoría. A próxima fin de semana desprazaranse a Carballo para enfrontarse o  HIERROS VARELA URBIETA XIRIA

BM CULLEREDO RAFERGAL (8+6) 14: ADRIANA ANTONIO COSTELA (1) , MARTA VALDERRABANO (3), ADELA AREOSO (2) , DIANA DOZO , LUCIA SANCHEZ , PAULA VALDERRABANO (4) , CANDELA PUGA , MARINA RODRIGUEZ , AITANA TASENDE , ANHELIZ AMARYS (4)

BM PORRIÑO "A" (20+7) 27: UXIA CAMPOS CARRERA (1), PAULA CORTIÑAS LIMA (5), LUCIA ALVAREZ COVELO (6), ATHENEA BARREIRO GARCIA ,CARLA BALTASAR MONTES (1),MENCIA LORENZO REDONDO (2),NAYARA ALONSO BARREDO (3),CARMELA FONTOIRA DE LA CRUZ, INES PEREIRO DA SILVA, ANGELA ROMERO PEREIRA (2),LUCIA MENDEZ GONZALEZ (2) ,ELENA PEREZ CAMPO ,ITZIAR MOLINOS VAZQUEZ (5)

Arbitros: José Henrique Folgoso Capelo e Ivan Hernandez Couto

Parciais cada 5´: 3-3/3-5/4-7/6-11/7-15/8-20 Descanso 9-22/9-23/10-23/11-23/12-23/14-27 Final

Incidencias: 1ªXornada da Liga de Ouro categoría Xuvenil Femenino celebrada no Pabellón Municipal de Almeiras a porta pechada debido ás restricións do protocolo COVID 19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *