Saltar ao contido

UNHA VITORIA DE OURO PARA O BM.CULLEREDO CONSTRUPEREIRO

Despois dunha fin de semana frenética, de partidos e emocións contidas, o BM. Culleredo Construpereiro conseguíu o premio gordo e disputará a liga Ouro nesta tempada 2021/22. Os cullerdenses, que fixeran os deberes derrotando ao Seis Do Nadal no encontro matinal deste Domingo, esperaban con ansias os resultados dos outros grupos para saber si competirían na máxima categoría cadete. A fumata branca chegaba ben entrado o mediodía e as tensións contidas estalaban en xúbilo polo obxectivo conseguido.

Ante o Seis Do Nadal - Coia, o BM.Culleredo iniciaría o partido coa ambición de poñer o selo e a firma de forma inmellorable a esta fin de semana de Play-Off e desde os primeiros minutos, non deu opción algunha ao seu rival. Desde a parcela defensiva, o Construpereiro facíase forte e comezaba o envite cun 5-0 de parcial aos 10 minutos, que se convertería nun 8-1 no meridiano deste primeiro tempo. Todo iso, era a explicación ao ferrollo defensivo disposto diante da portería de Marco e ás rápidas transicións que sumaban goles na conta dos cullerdenses. Cun 15-5 ao termo dso primeiros trinta minutos, o encontro estaba visto para sentenza.


Nada cambiaría na continuación e o BM. Culleredo Construpereiro, con oficio e a mesma seriedade, seguiría aumentando a diferenza no electrónico ata o amplo marcador final que ademáis, unhas horas despois, completaríase co gran premio da liga Ouro.

BM. Culleredo Construpereiro: 36 (15+21). Marco González (P), Marcos Regueiro (1), David Martínez (5), Adrián Veira (2), Iván Sánchez (1), Diego Del Río (5), Aaron Blanco (3), Antón Pérez (2), Samuel Seijas, Daniel González (9), Josemi Martínez (1), Lucas Sánchez (2), Juanfran Pazos (2), Anxo Negreira (2), Alejo Martínez (1).

Seis Do Nadal - Coia: 15 (5+9). Lucas Raposo, Saul Allica, Víctor Castro (1), Anxo Pérez (1), Anxo Rivera, Alejandro González, Lucas Pereiro, Diego Fandiño (4), Iago Cameán (2), Davis Morais, Roberto Alfaya, Juan Manuel López (4), Ignacio Gómez (1), Cristian Costas (1).

Parciais cada 5´: 4-0 / 5-0 / 8-1 / 12-2 / 13-4 / 15-5 / Descanso / 19-7 / 22-8 / 25-10 / 29-11 / 34-12 / 36-14 / Final.

Colexiado: Wallace Moreira e Cesar Carballo.

Incidencias: Derradeiro encontro do grupo 2 do Play-Off na categoría cadete masculino, disputado no pavillón municipal de Pontevedra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *