
O BM.Culleredo Costrupereiro, viaxaba no día de hoxe a Pontevedra para iniciar a súa andaina polo Play-Off de ascenso á liga ouro. Será unha fin de semana intensa, onde os cullerdenses se xogan un dos obxectivos prioritarios da tempada.
No partido deste venres, o BM.Culleredo enfrontábase ao Bueu Atl Balonmán e como en case todos os torneos curtos, antollábase imprescindible comezar con vitoria.
Saían os xogadores de Culleredo de forma inmellorable ao 40x20 dunha das pistas do multiusos pontevedrés e cunha defensa traballando a bo nivel, conseguían recuperar unha serie de balóns para establecer cómodas diferenzas desde o inicio. Ao paso polo minuto dez, a vantaxe era xa de sete goles para o Construpereiro (10-3) e a falta de cinco minutos para o tempo de descanso, o partido estaba virtualmente visto para sentenza cos algarismos que reflectía o electrónico neses instantes (26-7). No entanto, cinco minutos de falta de concentración, foron máis que suficientes para que os buenenses gañasen o último parcial por 5-6 e os de Culleredo marchásense con peores sensacións das que se podían prever cinco minutos antes.
Na continuación, as tornas cambiaron e, aínda que a diferenza xa era insalvable para o conxunto de Bueu, as sensacións acompañaban agora de forma máis positiva a estes que ao seu rival. Con multitude de descoidos na retagarda e moitos problemas no 1x1 e ante a circulación dos extremos, o BM. Culleredo sumíase agora nun mar de dúbidas que acompañaría ao equipo ata o final. A vitoria sería o máis importante no día de hoxe, pero a propósito que o golaverage pode ser vital o vindeiro domingo, queda a sensación, con ese de 24-18 de parcial na segunda parte, que as prestacións podían ser aínda moito mellores.
Partido complicado mañá ante os locais do BM. Cisne, un dos equipos chamados a loitar polo campionato galego e fronte a quen, si o BM.Culleredo Construpereiro quere plantar cara, deberá de facer un partido perfecto en todas as fases do xogo, sen altibaixos e cunha alta dose de atención, concentración e intensidade competitiva.
BM. Culleredo Construpereiro: 55 (31+24). Marco González (P), Marcos Regueiro (5), David Martínez (3), Adrián Veira (7), Iván Sánchez (4), Diego Del Río (5), Aaron Blanco (1), Antón Pérez, Samuel Seijas, Daniel González (5), Josemi Martínez (9), Alejo Martínez, Anxo Negreira, Antón Pérez, Samuel Seijas (16).
Parciais cada 5´: 5-2 / 10-3 / 17-5 / 20-7 / 26-7 / 31-13 / Descanso / 35-17 / 39-20 / 44-23 / 49-24 / 52-28 / 55-31 / Final.
Colexiados: Abel Juncal e Marta González
Incidencias: Primerio encontro do Play-Off no grupo 2 en categoría cadete masculino, disputado no Multiusos de Pontevedra.
