
(IM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS GARAYSA XIRIA
Derbi provincial na Copa Galicia, donde o Remax Riazor se enfronta ao Garaysa Xiria nos cuartos de final. Un duelo moi apaisoante onde os dous equipos queren demostrar que poden acadar a Final Four desta competición, un premio moi cotizado. Será un partido moi competido por parte dos dous equipos que loitarán ata o final por unha praza entre os 4 finalistas. Moita sorte e Forza Culle!
(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR (PLAY-OFF)
(CM) BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO (PLAY-OFF)
O conxunto cadete BM. Culleredo Costrupereiro, xogará esta fin de semana o Play-Off de ascenso á liga Ouro e farao a domicilio, en Pontevedra. Será un reto complexo ante quizá, o mellor plantel da competición, o BM. Cisne e xunto ao Bueu Atl. BM e o Seis Do Nadal Coia de Vigo. Os de Culleredo, comezarán a súa andaina por este Play-off o Venres ás 19:30 ante o conxunto de Bueu, para continuar o Sábado fronte aos locais do Cisne (12:15) e terminar o Domingo cos olívicos do Seis Do Nadal (10:30). O primeiro de grupo pasará, directamente, a formar parte da liga Ouro, mentres que o segundo deberá de esperar a ser un dos mellores segundos con respecto aos outros grupos para saber si entra dentro da máxima competición en categoría cadete.
(XF) BM CULLEREDO RAFERGAL VS PORRIÑO “A”
Arranca esta fin de semana o Rafergal a súa andadura na Liga de Oro, ante un equipo
cheo de historia neste tipo de competicións.
Sen dúbida algunha e sabendo a dureza que van supoñer todolos encontros, as nosas
sairán a competir dende os primeiros minutos ata o asubio final.
O debut terá lugar o sábado as 18:30 no Pabellón Municipal de Almeiras en Culleredo.
(XM) LUCEROS VS BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES
O BM.Culleredo Despreocúpate.es, viaxa a Cangas para iniciar a súa andaina na liga Ouro, máxima competición autonómica xuvenil. Os de Culleredo terán un papel moi complicado no seu primeiro enfrontamento, xa que á entidade do rival, un dos fanfurriñeiros da categoría, únense as númerosas baixas en forma de lesión ou enfermidade de varios xogadores, que minguan o número de efectivos do Despreocúpate.es. O partido disputarase o Domingo ás 13:00 no pavillón de O Gatañal e os de Culleredo deberán de mostrar a súa versión máis lúcida para poñer en complicacións ao gran conxunto do Morrazo.
(SM) BALONMÁN NARÓN-FERROLTERRA VS BM.CULLEREDO
O BM. Culleredo inicia este Domingo a liga de 1ª autonómica e farao a domicilio, viaxando ata Ferrol para enfrontarse ao Balonmán Narón-Ferrolterra. Os cullerdenes, que deixaron un gran sabor de boca a pasada semana no seu enfrontamento ante o Acanos ATL. Novás na Copa Sponsor, asumen agora un novo e importante reto noutra competición, a máis importante e onde o BM. Culleredo ten posto os máis ambiciosos obxectivos. O conxunto parte coa ilusión de iniciar a competición sumando os dous primeiros puntos e para iso será clave manter a concentración, a intensidade e a humildade e non caer en ningún tipo de confianza ante un recentemente ascendido. Será clave que os de Culleredo poidan impor o ritmo alto que lles interesa.
