Saltar ao contido

Hoxe coñecemos a… Audio-Óptica Gallaecia!

Unha semana máis traémosvos unha entrega do “hoxe coñecemos a…” para presentarvos a unha nova empresa que colabora connosco e nos axuda a seguir adiante!

Nesta ocasión van a coñecer a “Audio-Óptica Gallaecia”, empresa situada no nº156 da Avenida de Vilaboa e na cal poderedes atopar todo o preciso para o coidado da vosa vista e oído.

Para todas aquelas persoas que precisen dos seus servizos poderano facer de luns a venres, dende as 10:00 ata as 14:00 en horario de mañán e de 17:00 a 20:00 en horario de tarde. Hai que remarcar que por mor do protocolo na situación actual debemos pedir cita previamente xa sexa chamando directamente ao 981 667 659 ou a través da dirección de correo opticagallaecia@hotmail.com .

AUDIOLOXÍA

Audio-Óptica Gallaecia conta con máis de 15 anos de experiencia ás súas costas, estando abertos nesta mesma ubicación dende o 24 de abril do 2005. Destacar que comezou dedicándose soamente á óptica, pero dende o 2010 traballan tamén a audioloxía, provendo a quen o precise dos mellores servizos da zona e unha ampla variedade de audífonos que se adaptan perfectamente ao cliente.

En Audio-Óptica Gallaecia ofrecen un completo servizo de atención personalizada aos seus clientes, facendo previamente unha revisión e valoración do mesmo para poder identificar a problemática e resolvela da mellor forma posible.

Hai que destacar que este é o único CENTRO AUDITIVO existente en Culleredo, estando formado por un excepcional equipo de profesionais que garante o mellor dos servizos. En Audio-Óptica Gallaecia terás sempre un técnico/a sempre dispoñible para atender as túas necesidades e unha ampla variedade de audífonos á túa disposición.

Ademáis, como centro auditivo, poderás acudir aquí a facer todas as revisións que precises.

ÓPTICA

Ao igual que na audioloxía, na óptica teremos da mesma forma un servizo totalmente personalizado e adaptado ao cliente. Dende un comezo os profesionais do centro encargaranse de facer as medición e revisións pertinentes para darvos a mellor solución e todas as opcións posibles.

A gran variedade de monturas dispoñibles para as túas gafas é algo que de seguro te deixará abraiado, con máis de 800 para gafas graduadas e arredor de 400 en gafas de sol.

Ademáis de coas gafas, tamén se traballa cos diferentes tipos de lentillas, tendo firmado un convenio co SERGAS que garante a súa profesionalidade. As lentillas son unha gran oportunidade para todos aqueles nenos e nenas que practican deporte, sendo unha saída ás gafas e os seus inconvintes e que poden usar xa dende os 9 anos sen ningún tipo de problema.

ATENCIÓN PERSONALIZADA

Dende Audio-Óptica Gallaecia ofrecen un trato personalizado aos seus clientes, tratando cada caso de forma específica e adaptando cada paso do proceso ao cliente. Ademáis sempre terás dispoñible ao profesional do que precises para atender todos os imprevistos ou problemas que puidesen xurdir.

Dende o centro ofrecen presuposto sen compromiso a toda aquela persoa que o solicite, de forma que poidades toma unha decisión coñecendo todos os detalles, á vez que ofrecen moitas facilidades nos pagos dos servizos, podendo fraccionalos atentendo ás necesidades de cada cliente.

CONSELLOS PROFESIONAIS

Ao rematala entrevista pedimos que nos desen uns pequenos consellos para coidar o noso oído e a nosa vista no día a día e sin dubidar un segundo destacaron os seguintes:

  • Controlar o tempo que pasamos diante das pantallas, algo que cada vez aumenta e máis dende que comezou a pandemia, coidar a nosa vista e revisala cada 2 anos é máis que recomendable.
  • Utilizar a televisión, ordenador, radio, etc sempre co volume baixo, paga a pena “esforzarse” un pouco máis en escoitar e non danalo oído.
  • Á hora de utilizar cascos para ver unha película, escoitar música, etc debemos procurar empregar sempre que sexa posible cascos que non se introduzan no oído, xa que estes poden ser máis perxudiciais.

Xa sabedes, non o dubidedes e confiade en Audio-Óptica Gallaecia, un centro e confianza, con grandes profesionais e dunha excelente calidade humana!

Para máis información:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *