Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES, CEDE NO SEGUNDO TEMPO E XOGARASE O ASCENSO ANTE O OAR

O BM.Culleredo Despreocúpate.es puido celebrar o ascenso a DH no día de hoxe ante o Balonmano Porriño, máis unha mala segunda parte, botou por terra a vantaxe que os locais tiveron ata os últimos minutos do primeiro acto. Unha oportunidade perdida que non impide que o cullerdenses dependan de si mesmos para conseguir o obxectivo e é que si derrotan mañá ao OAR de Coruña, o equipo de Culleredo disputará a División De Honra na tempada que nos ocupa.

Comezaría de forma moi positiva o encontro para os intereses dos locais e é que o BM. Culleredo Despreocúpate.es, poñeríase por diante e dominaría o marcador durante a maior parte deste primeiro tempo. A pesar dos balóns perdidos e dos erros defensivos, os locais mantiñan unha vantaxe que chegaría a ser de ata tres goles, unha diferenza que se diluiría nos últimos minutos e que permitiría ao Balonmano Porriño marcharse ao descanso cunha mínima vantaxe no electrónico (14-15).

Foi no segundo tempo cando o BM.Culleredo Despreocúpate.es iría a remolque do seu rival, sumado erros e precipitacións en todas as fases do xogo. A falta de mobilidade, de xogo sen balón e de transformacións ante a defensa aberta disposta polos do Porriño, provocaba numerosos erros que os visitantes aproveitarían para asinar un 18-21 no meridiano da continuación. A pesar de todo, os cullerdenses non se afastaban no marcador e á espera de conseguir unha tónica positiva e de comezar a xogar con criterio, entrábase a falta de dez minutos para o final cun 21-23 en contra. Sería entón cando, lonxe de adquirir ese criterio e a calma necesaria para subir o nivel, tanto de ataque como da retagarda, o equipo entraría nunha espiral autodestructiva que deixaría en bandexa o encontro ao Balonmano Porriño. Un 1-4 de parcial, con catro perdas de balón entre o minuto 50 e 55, sentenciaría o resultado e deixaría aos de Culleredo ante unha auténtica final mañá frente ao OAR. O que gañe, será equipo de DH para a tempada 2021-22.

BM. Culleredo Despreocúpate.es: 26 (14+12). Marco González (P) Jorge López (P), Iván Manzo (P), Xoel Garrido (1), Martín Ínsua (5), Guillermo Briones (3), Iago Chao (4), Nicolás Pérez, Mateo Díaz (5), Senén Garea (3), David Martínez, Samuel Seijas (3), Lucas Sánchez, Gonzalo Palleiro (2), Mateo Kidus De Salvador, Guillermo Puga.

Balonmano Porriño: 31 (15+16). Samuel Miguel Rodríguez (1), Martín Bar Vieito, Adrián Carrera (8), Eloy Fdez (1), Hugo Rodríguez, Leonardo Rafael Atúnez (2), Eduardo Alonso González (4), José Vicente García, Alex Ocampo, Martín Guerreiro (3), Rodrigo Pereyra (3), Xavier Domínguez, Oscar Basconcello (6), Iker Balado (3), Juan Rodríguez.

 Parciais cada 5´: 3-2 / 7-5 / 9-8 / 11-9 / 13-11 / 15-14 / Descanso / 15-16 / 17-20 / 18-21 / 21-23 / 22-27 / 25-31 / Final.

Colexiados: Pablo Barreiro e Cristian García.

Incidencias: Segundo encontro do Play-Off de ascenso a DH disputado no pavillón de Tarrío ante oitenta seguidores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *