Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO INICIA A COPA SPONSOR CUNHA VITORIA

O BM Culleredo, iniciaba no día de hoxe e despois das magníficas sensacións ofrecidas na pretempada fronte a conxuntos de categoría superior, o seu periplo pola Copa Sponsor, competición antesala ao comezo ligueiro. O Dispesán Café BM. Pontedeume, visitaba o municipal de Tarrío, nun duelo xa clásico respecto de tempadas anteriores.


O encontro resultou insulso e anodino para o público presente, con dous estilos ben diferenciados e dispares. Mentres os locais saían ao 40x20 dispostos a plasmar a velocidade e o dinamismo do seu xogo, o seu rival pretendía, con bo criterio, frear o envite desde o inicio e que o ritmo caese cara aos ataques prolongados e pausados. Aínda que nun primeiro momento os cullerdenses dominaban con claridade no xogo e conseguían chegar á portería rival en rápidas situacións de contraataque e contragol, os erros no pase, na recepción e cara ao lanzamento, non impuñan esa superioridade no marcador e a desesperación e frustración comezaba a facer efecto nun plantel excesivamente ansioso e precipitado.

O BM. Pontedeume, por contra, non perdía a paciencia e percutía unha e outra vez con escasa circulación de balón pero a través de 1x1 insistentes, que en ocasións daban os seus froitos, ben por situacións directas, ou ben polos múltiples rexeites dos que se viron favorecidos. A desesperación acentuábase nos xogadores de Culleredo, que vían como a distancia era curta e a superioridade no xogo non se traducía nunha tranquilidade maior en canto ás diferenzas que reflectía o electrónico. Deste xeito, chegábase ao tempo de descanso cunha vantaxe de tres goles e todo por decidir na continuación (14-11).


Foi no segundo acto cando o partido entrou nun contexto de maior letargo e a medida que o tempo avanzaba e o cansazo incrementábase, os visitantes realizaban os seus ataques máis pausados e longos, ao bordo do pasivo en varias ocasións. A desesperación dos cullerdenses era agora moito máis evidente e os momentos de peor xogo saían á luz. Con pouca continuidade de balón, sen velocidade na circulación e sen atacar á portería rival, o BM. Culleredo se zambullía de cheo nun buraco escuro do que xa non sairía a nivel de sensacións, aínda que lograría o premio do triunfo e os dous puntos en xogo, a espera de voltar a amosar o xogo veloz e dinámico que tanto encandilara a público e achegados na recente pretempada.

BM. Culleredo: 25 (14 + 11).  Antonio Vieiro (p), Cristian Vigo (p), Alberto Catoira (1), Carlos Costa (1), Miguel Casal (8), Iago Franco (1), Daniel Del Río, Marcos Vázquez (6), Daniel De Salvador (2), Juan De Salvador, Mateo Díaz (1 ), Darío Pérez (2), Adrián Díaz (1), Iago Ferreiro, Carlos Pereiro (1), Aresio Rosende (1).

BM. Dispesán Pontedeume: 22 (11 + 11). Bruno López (3), Pablo López (3), Pablo Moares (2), Álvaro Jorge González, Alberto López (8), Ángel Piñeiro, Antón Varela (3), Cesar Filgueiras (2), Alén Casas (1), Castor Regueiro.

Árbitros : Ángel Mateos e Rubén Iglesias. 

Incidencias:  Primeira xornada da Copa Sponsor no grupo B da categoría senior autonómica. Encontro disputado no municipal de Tarrío con boa entrada, aunque con aforo limitado por medidas Covid.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *