Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES, DERROTA AO CISNE “B” E CLASIFÍCASE PARA A FASE FINAL DA COPA GALICIA

O BM. Culleredo Despreocúpate.es, acadou o obxectivo de conseguir o seu pase a fase final da Copa Galicia e fíxoo cunha vitoria folgada nos cuartos de final que lles enfrontaba hoxe no municipal de Tarrío ao Cisne "B". Os cullerdenses dominaron o partido con comodidade, sobre todo no primeiro tempo, onde as diferenzas foron aumentando co paso dos minutos ata ese 24-14 que case deixaba sentenciado o encontro ao final do primeiros trinta minutos. A clarividencia mostrada no posicional e a posta en escena do contragolpe tras os acertos defensivos, foron claves neste primeiro acto para dominar con ampla diferenza no electrónico.

Moito baixou o ritmo na reanudación o conxunto de Culleredo e nunha segunda parte deslucida e aburrida, cedería no parcial por 17-20, un marcador que reflicte á perfección as baixas prestacións defensivas de ambos os conxuntos. Nun partido decidido para o conxunto local, a nota desgraciada púxoa o xogador local Nuno, cunha lesión no xeonllo que esperamos non revista gravidade. O BM. Culleredo Despreocúpate.es, logra por tanto unha nova e importante vitoria que lle outorga o billete para a fase final desta competición e prepárase para o inminente comezo dos Pla-Off na primeira fin de semana de Outubro.

BM. Culleredo Despreocúpate.es: 41(24+17). Marco González (P), Xoel Garrido (1), Martín Ínsua (11), Guillermo Briones (3), Iago Chao (3), Nicolás Pérez, Mateo Díaz (7), Nuno Loxo (10), Senén Garea (6), David Martínez, Samuel Seijas, Lucas Pazos.

BM.Cisne “B”: 34(14+20). Luis Fdez, Mauro Lago (4), Pablo Fdez, Salvador Montes (1), Xoán Fdez (5), Ignacio Álvarez (4), Manuel Lorenzo (7), Gabriel Camilo, Adrián Pérez, Breixo Fentanes, Manuel Torres, Iker Latas, Enrique Lorenzo, Antón Rodríguez, Eber Dacosta (8), Roi García (5).

 Parciais cada 5´: 5-3 / 12-5 / 15-6 / 21-10 / 23-11 / 24-14 / Descanso / 26-17 / 30-21 / 31-24 / 34-27 / 39-31 / 41-34 / Final.

Colexiados: Sergio Ríos e José López.

Incidencias: Encontro de cuartos de final da Copa Galicia disputado no pavillón de Tarrío ante cincoenta seguidores.

Fotos do encontro:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *