Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO CONSTRUPEREIRO, CEDE ANTE O UPI INFORMÁTICA LALÍN NA ÚLTIMA XORNADA DE COPA

O BM. Culleredo Construpereiro, non conseguíu imporse no día de onte ao UPI Informática Lalín, un dos conxuntos máis potentes da categoría e chamado a loitar polo campionato galego. Ante un rival con este cartel, as opcións de vitoria dos cullerdenses existían, pero todo pasaba por realizar un partido regular e completo ao longo dos sesenta minutos, onde as fisuras non existisen.

A realidade foi ben distinta e o comezo do BM. Culleredo foi moi negativo, sumando erro tras erro e fallando repetidamente en situacións claras de lanzamento ante o porteiro. Isto propiciaba un resultado parcial avultado aos quince minutos do comezo (2-8) e urxía unha reacción. O adestrador local esgotaría entón o seu primeiro tempo morto para buscar un cambio de rumbo, un feito que servía para recompor ideas e que o equipo agradecería con fartura, conseguindo reducir as diferenzas á mínima expresión cun 7-2 de parcial en apenas nove minutos (9-10). Despois dun esforzo titánico para acadar o máis complicado, a cara tornaríase cruz e os erros volverían facer acto de presenza para inclinar de novo a balanza a favor dos lalinenses cun 1-5 de parcial. Co resultado de 10-15, cerraríase o primeiro acto e o BM. Culleredo Construpereiro apelaba á regularidade na continuación para poder voltear o encontro.

A segunda parte transcorrería sen maiores sobresaltos para os intereses dos dezáns, beneficiados polos altibaixos dos de Culleredo e confiados no dominio do control do partido e na diferenza cómoda que debían de administrar. A igualdade nos parciais foi a tónica xeral nestes segundos trinta minutos e aínda que o BM. Culleredo Construpereiro sería capaz de aproximarse ata os tres goles en dúas ocasións, non serían capaces de incomodar ao seu rival. Os cadetes de Lalín romperían definitivamente o encontro a falta de cinco minutos para a finalización e cun 2-5 de parcial, pecharían o envite de forma inmellorable para os seus intereses.

Polo BM. Culleredo Construpereiro xogaron e marcaron:

BM. Culleredo Construpereiro: 23(10+13). Marco González (P), Marcos Regueiro (4), David Martínez, Adrián Veira (2), Iván Sánchez, Diego Del Río, Aaron Blanco, Samuel Seijas (13), Daniel González (3), Josemi Martínez, Lucas Sánchez, Juanfran Pazos, Teo Calvo (1).

Parciais cada 5´: 1-2 / 2-6 / 2-8 / 7-10 / 9-11 / 10-15 / Descanso / 12-18 / 14-20 / 18-23 / 19-24 / 21-26 / 23-31 / Final.

Colexiados: Uxía Mariño e Rubén Iglesias.

Incidencias: Derradeiro encontro da Copa Galicia no grupo C na categoría cadete masculino, disputado no pavillón de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *