Saltar ao contido

Hoxe coñecemos a… Viajes Coruña & Tours!

Nova entrega do “hoxe coñecemos a…”, na que seguimos presentándovos a unha nova empresa que nos axuda a seguir adiante!

Nesta ocasión tivemos a ocasión de entrevistar a Celsa, responsable da axencia de viaxes “Coruña Viajes & Tours”, axencia que colabora activamente con nós e que nos da o seu apoio para que poidamos seguir medrando.

A axencia podémola atopar na Rúa San Nicolás, nº1, donde Celsa nos recibe e nos informa acerca de todos os aspectos que debemos coñecer de “Coruña Viajes & Tours”. Ao chegar ao local atopámonos a 4 empregadas traballando para que os clientes teñan o mellor servizo, atentendós no seguinte horario:

  • Luns a venres: 09:00-20:30 de forma ininterrumpida.
  • Sábados: 11:30-14:00.

Para que poidades coñecer un pouco máis o traballo desta axencia deixámosvos a continuación a entrevista con Celsa:

  • Bos días, antes de nada gustaríanos que lle contases á familia do Balonmán Culleredo a experiencia da que dispoñedes nesta axencia e canto tempo levades aquí na Rúa San Nicolás:
  • A verdade é que levo arredo duns 25 anos dedicándome profesionalmente a esta actividade, comecei traballando para a axencia de viaxes do Corte Inglés, donde estiven durante 10 anos e dende ahí decidín sacar adiante un novo proxecto, traballando dende o 2006 ata o 2017 baixo o nome de Viajes Zafiro Tours e dende esa sacamos adiante a axencia “Coruña Viajes & Tours” coa que estamos moi contentas.
  • ¿Cales son os servizos que ofertades, que tipo de viaxes?
  • Nesta axencia podemos encargarnos de calquer tipo de viaxe a calquera parte do mundo. Levamos dende viaxes vacacionais de persoas individuais e grupos ata viaxes laborais de múltiples empresas, tanto nacionais como internacionais.
  • ¿Dentro desos diferentes servizos, cales son a vosa actividade principal?
  • Pois arredor do 80% da nosa actividade céntrase nos viaxes laborais, tengo gran demanda de moitas empresas que nos piden a organización do desprazamento dos seus empregados en diversidade de lugares. Temos mandado a xente de viaxe por traballo tanto a Madrid como a Rusia por exemplo.

Ademáis desta gran parte de viaxes por traballo, o restante 20% céntrase en viaxes vacacionais de persoas individuais que deciden confiar en nós. Nalgún momento puntual pode que ata para algún grupo para viaxes de fin de curso ou viaxes dalgún clube deportivo como temos feito co Balonmán Culleredo, pero unha porcentaxe ínfima.

  • Gustaríanos saber unha cousa que resulta moi importante agora mesmo, ¿Cómo vos afectou toda a situación derivada do COVID19?
  • Durante a corentena tivemos que pechar, pero unha vez finalizada volvemos prácticamente á normalidade polo feito, de tal e como vos comentei, dedicarnos casi completamente aos viaxes laborais, algo que si descendeu con esta situación, pero que se mantivo dentro duns valores normales.
  • Actualmente, ¿cales son as problemáticas máis grandes que vos atopades derivadas do COVID19?
  • A primeira seguramente sexa a incertidume que hain as esixencias dos diferentes países para poder entrar neles, eso obrígate a estar sempre ao día e revisando os criterios que marca cada país para garantir un servizo de calidade para o cliente. Unha das máis relevantes é o aumento no custo dos viaxes, ante esta situación estamos vivindo un encarecemento dos prezos que se fai notar, pero que non rematan por ser un impedimento para a maioría das persoas actualmente.

Sinceramente notouse moito o efecto da vacunación, que activou todo, dándonos un aumento dos viaxes vacacionais.

  • ¿Por qué unha persoa debe escoller organizar un viaxe con unha axencia profesional e non facelo pola súa conta para organizar un viaxe? ¿Qué vantaxes ten?
  • A primeira é moi clara, contratando o viaxe con profesionais tes sempre unha garantía de seguridade e un respaldo continuo que che permite viaxar sen preocupacións. Pola nosa parte facemos todo o posible por facilitarlle todos os trámites aos clientes e máis nesta situación na que todo se volve máis difícil. Creo que actualmente é máis ventaxoso que nunca, porque nós estamos ao día de todos os requisitos de cada país, as medidas necesarias e facemos a xestión de absolutamente todo o que se precisa, incluíndo agora mesmo a xestión das probas de antíxenos e outras medidas que esixan os protocolos do COVID19. A maiores hai que destacar que ao final os prezos son prácticamente iguais, sumándolle as ofertas que moitas empresas nos aplican ás axencias e a tranquilidade que sinten os nosos clientes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *