Saltar ao contido

CONTUNDENTE VITORIA DO BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES PARA REMATAR LIDER DO SEU GRUPO

O BM. Culleredo Despreocúpate.es, acadou o obxectivo de rematar a primeira fase da Copa Galicia liderando o grupo D. Nun encontro sen historia, xa que os cullerdenses dominaron a pracer ao Maruxía Asesores de Arteixo de prinicipio a fin. Consolidouse polo tanto un liderato, que o conxunto de Culleredo viña mantendo de xeito moi convincente dende a primeira xornada con amplos marcadores e tres vitorias contundentes nesta primeira fase do torneo de Copa.

Os visitantes tentaron poñer un ritmo lento ao partido e non lles saíu del todo mal, non para poñer en apretos a os de Culleredo, pero polo menos para non encaixar unha abultada diferencia nos inicios. O BM. Culleredo Despreocúpate.es, parecía que estaba a contaxiarse do ritmo pausado e anodino dos veciños de Arteixo e non era capaz de imponer a velocidade que o caracteriza. Cinco goles de diferencia separaban a os dous conxuntos chegados ao tempo de descanso e as sensacións non era de todo cómodas para os locais en canto ao xogo, a pesares do resutado favorable que reflectía o electrónico (17-12).

Foi na segunda parte onde o conxunto visitante terminou por ceder ante a maior presión defensiva dos de Culleredo e onde estos puideron desenrolar un xogo máis dinámico e veloz para establecer un contundente parcial de 24-6. O Maruxía Asesores Arteixo, non era xa capaz de aguantar o ritmo e caía en moitos erros provocados pola retagarda dos culleredenses que interceptaban pases, provocaban perdas e finiquitaban o labor en rápidos contragolpes para rematar cos dous puntos no peto e un resultado final de 41-18, o cal lles da, por dereito propio, o pase a os cuartos de final da competición, onde se enfrontarán ao BM. Cisne B.

BM. Culleredo Despreocúpate.es: 41(17+24). Marco González (P), Xoel Garrido, Martín Ínsua (18), Guillermo Briones, Iago Chao (4), Nicolás Pérez (3), Mateo Díaz (6), Nuno Loxo (6), Senén Garea (4), David Martínez.

Maruxía Asesores Arteixo: 18(12+6). Marcos Abeleira (2), Víctor González (2), Diego Sala (2), Alejandro Aller (2), Daniel González (1), Hugo Santiago, Marcos Vázquez, Hugo Martínez (6), Alejandro Martínez, Adrián Novio, Martín Ferreño (3).

 Parciais cada 5´: 4-1 / 9-4 / 12-6 / 14-8 / 15-11 / 17-12 / Descanso / 20-13 / 27-16 / 29-16 / 32-17 / 35-18 / 41-18 / Final.

Colexiados: Andrés Rosendo e Nicolás Núñez.

Incidencias: Derradeiro encontro do grupo D Na primeira fase da competición de Copa Galicia en categoría xuvenil masculino, disputado no pavillón de Tarrío ante coarenta seguidores.

Fotos do encontro:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *