Saltar ao contido

UNHA COPA FORA DO NOSO ALCANCE

Chegou o último día de competición desta primeira fase da Copa Galicia grupo C.

As de Rafergal viaxaron a Vigo na calurosa tarde do sábado.

As circunstancias coas que o equipo viaxou a Lavadores non vaticinaban ao 100% unha vitoria. A pesar diso, a boa actitude de todas as xogadoras amosada ​​na pista que non tiraron a toalla en ningún momento, provocou que abandonasen o encontro con boas sensacións a pesar do xogo e rematou sen ningunha dúbida de que competiran ata o asubío final.

Claramente o Lavadores amosou o seu xogo dende o principio sen dar tregua as nosas, marchándose no marcador dende os primeiros minutos do encontro por medio de contras sen oposición e claras accións dende os 6m.

Na segunda parte a pesar de reflectir un marcador de 10 goles en contra, as nosas non baixaron a intensidade e seguiron creando fructíferas accións de xogo en ataque.

Como todos os equipos nestas primeiras fases da competición, o obxectivo era comezar a competir nesta nova tempada 21/22. Aínda queda moito por facer e planear a espera da seguinte fase / competición.

U.B. LAVADORES VIGO (17+17): PAULA ALONSO APARICIO (9), TANIA GOMEZ REUS, RAQUEL SANTOME BERTOLO (4),
MARTA RODRIGUEZ VAZ (3),MICHELLE ALEJANDRA FERNANDEZ ALVAREZ (2),CANDELA FRANCO CRUZ (6),ALEXANDRA ABALDE GONZALEZ (1),VALERY MICHELLE GOMEZ PIMENTEL (6),NOA FERNANDEZ LORENZO (1),CLAUDIA MORAIS IBAÑEZ, ANTIA FERNANDEZ LAGO (1),JUDIT CID ESPIN, SOFIA MOLARES GARCIA (1)

BM CULLEREDO RAFERGAL (8+12): ADRIANA ANTONIO COSTELA (2), MARTA VALDERRABANO CODESAL (4), ADELA AREOSO LOPEZ (3), DIANA DOZO DOMINGUEZ, LUCIA PONTE DIAZ, LUCIA SANCHEZ TOIMIL(4), PAULA VALDERRABANO CODESAL(3), CANDELA PUGA PRESEDO(4)

Arbitros: : César Carballo Fernández

Parciais cada 5´: 5-2/9-3/10-5/13-7/17-8 Descanso 21-10/24-12/28-13/30-15/32-19/34-20 Final

Incidencias: Xornada 3ª da primera fase de la Copa Galicia grupo C celebrada no Pabellón Municipal de Lavadores. Con 25 persoas aproximadamente de público debido ás restricións do protocolo COVID 19.

Galería de imaxes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *