Saltar ao contido

O Sutenor cae en Vigo!

Tocáballe ao Bm Culleredo Sutenor volver a desprazarse a terras viguesas, nesta ocasión o rival sería o Seis do Nadal.

Chegaban os nosos nenos con ganas de competir e mellorar o xogo da pasada xornada, sen embargo comezaríamos o encontro despistados e rápidamente os locais aproveitaban para sacar diferenza no marcador. Durante todo o encontro costaríanos moito entrar en partido, con moitos despistes defensivos e pérdidas de balón en ataque, que por momentos parecía que corrixíamos. Sen embargo os locais tiñan moi claras as súas ideas e remataban por atopar o camiño ao gol, a pesares da gran actuación de Hugo García na portería.

Na faceta ofensiva, se ben é certo que tivemos moitas pérdidas, cabe destacar que por momentos se puido ver un moi bo xogo colectivo, con moita continuidade, velocidade de balón e ocasións claras dende os 6 metros froito deste traballo que remataban sen premio ben por acerto do porteiro ou por precipitación nosa.

Un partido no que se foi de menos a máis e no que os nosos rapaces demostraron que incluso dun mal día se poden sacar aprendizaxes e puntos positivos.

Bm Culleredo Sutenor: 15 (5+10) Hugo García (P), Jorge (P), Mateo, Joel (1), Xoán Seoane (1), Xoán Canedo (6), Iago (3), Pablo (4), Adrián, Diego, Víctor, Hugo Bregua.

Seis do Nadal - Coia: 23 (12+11) Asier (2), Brais (1), Xurxo (10), Alejandro (3), Iago, Leo, David (1), Gonzalo (1), Nicolás, Rodrigo, Bruno (5), Manuel.

Parcial cada 5´: 4-1 / 5-2 / 9-3 / 11-4 / 12-5 // DESCANSO // 14-7 / 16-7 / 19-8 / 21-1 / 23-15 // FINAL //

Colexiados: Marta González e Iría Rivera. Sen problemas durante o encontro.

Incidencias: Encontro correspondente á 2ª xornada da Copa infantil masculina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *