Saltar ao contido

O Climanosa cae ante un superior Lalín

Na mañá do sabado desprazábase a Lalín o Bm Culleredo Climanosa para afrontala súa segunda xornada de Copa. O rival desta ocasión era un sempre impoñente Lalín, un equipo con un nivel e uns obxetivos moi diferentes aos dos nosos.

Nada máis velo comezo do partido podíanse ver as diferenzas que habería, con un Lalín que este ano debería loitar por acadar o título de campión galego e o Climanosa que ten por diante un ano de formación para seguir aprendendo e asentando conceptos.

Ao longo do encontro non atoparíamos a forma de romper a boa 6:0 dos locais, que coas súas disuasións conseguían xerarnos moitas dudas e roubar balóns que lles daban goles sinxelos á contra. A pesar das dúbidas en ataque, puideron verse accións de xogo colectivo moi boas, con unha rápida circulación do balón e acertadas decisións de lanzamento.

Na faceta defensiva, a diferenza física facía complicada a tarefa, sen embargo co paso dos minutos fóronse correxindo os erros e veuse a un Climanosa intenso e solidario nas axudas.

Toca seguir traballando e sumando experiencia de cara á liga neste ano de aprendizaxe!

Bm Culleredo Climanosa: 9 (4+5) Rubén (P), Mateo, Hugo, Iago (4), Álvaro (3), Adrián (1), Xoel, Mario, Bruno, Nicolás Díaz, Anxo, Felix, Bieito, Nicolás Casal (1).

UPI Informática Lalín: 50 (21+29) Alejo (5), Sergio (9), Pablo Pérez (5), Pablo López (14), David, Jaime (6), Miguel, Juán Ramón (8), Xosé (5), Nahuel (3).

Colexiados: Jose López e Andrés Rosendo. Moi correctos ao largo do encontro.

Incidencias: Encontro correspondente á 2ª xornada de copa desputada no Municipal de Lalín, con aforo limitado por mor das medidas contra a COVID-19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *