Saltar ao contido

Derrota do Remax en Tui.

Mal partido do Remax Riazor , onde tardou en entrar no partido . Nos primeiros 15 min o Remax non foi quen de axustar o nivel defensivo , o Tui o aproveitaba e era quen de coller una diferencia amplia no marcador , xa que o Culle tampouco estaba atinado de cara a porteria, a defensa cerrada 5:1 costaballe moito o equipo visitante e só encontraba a maneira de acadalo gol no extremo .

A primeira parte terminaba con dous goles de vantaxe a prol dos locais que inmediatamente na reanudación conseguian un parcial de 5-0 e asi ampliaban a ventaxa no marcador .

O Culle non conseguia estar cómodo en defensa xa que o Tui aproveitaba moi ben os 1x1 do seu central e do seu pivote que saia a recibir ante a defensa 3:3 do Remax.

Un brote de inspiración nos minutos finais do Remax parecia que poderia reducir as distancias no marcador pero xa era moi tarde para a reacción, os dous puntos quedanse para un gran equipo loitador como o Bm Tui.

Non estivo atiando o Remax na defensa e isto foi a clave do partido . Toca seguir traballando .

Forza Culle.

Bm Tui: Izán Perez (7),Marcos Framiñan,Pablo Lorenzo,Adrián Lage(6),Roque Estevez(7),Fabio Mazzuro,Cristian Framil, Sergio Rodriguez(4),Saul Rodriguez.

Bm Culleredo Remax Riazor: Hugo Diaz, Teo Lopez, Jaime Serrano(3), Fabian Manzo (9), Xoan Bello (4), Jorge Outón(2), Jairo Candamio, Hugo Bermúdez,Iago Allegue (2),Diego Piñeiro.

PARCIALES CADA 5´: 4-1/6-2/8-3/9-5/12-10/16-11/18-14/20-17/21-18/24-20.

Colexiado: Carlo Manuel Alonso

Incidencias: Segunda xornada da Copa Galicia disputado no Pavillón municipal de Tui.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *