Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO CONSTRUPEREIRO, SUPERA CON NOTA AS MÚLTIPLES BAIXAS E SUMA DOUS NOVOS PUNTOS EN CHAPELA

O BM. Culleredo Construpereiro, acudía a Chapela con catro baixas importantes para disputar o importante encontro que lle ía enfrontar ao conxunto da localidade de Redondela. En xogo, estaban dous puntos vitais para non perder comba co BM.Lalín, na procura de acadar o primeiro posto do grupo da Copa Galicia e, polo tanto, conseguir ser cabeza de serie no próximo sorteo dos PlayOff da categoría.

Comenzaron os xogadores cullerdenses con algúns desaxustes defensivos, pero, polo contrario, solventaban con certa facilidade no posicional. Neste apartado, a circulación de balón facía dano a defensa 6:0 dos locais, e o BM. Culleredo Construpereiro gozaba das primeiras vantaxes (7-5 minuto 10). Co paso dos minutos, a defensa visitante asentábase no 40x20 e aumentaba as súas prestacións, deste xeito e xa no meridiano do primeiro acto, os de Culleredo adquirían unha vantaxe cómoda (12-7) que materían o termo dos primeiros trinta minutos (15-20).

Foi na segunda parte onde, o BM. Culleredo Construpereiro, daría o mellor de si e conseguiría aumentar a diferencia a os poucos e co paso dos minutos. A retagarda funcionaba mellor (4 goles de parcial nos primeiros 15´) e a circulación de balón seguía a ser un suplicio para a defensa rival. A maiores e despois de varios éxitos defensivos, o BM. Culleredo tamén facía dano no contragolpe, tanto en primeira como segunda onda. Así pois, o encontro estaba virtualmente finiquitado e os dous puntos no peto cando a falla de dez minutos a diferenza entre os dous equipos era de nove goles (21-30), distancia que aumentaría no asubío final que daba como rematado o envite (27-37).

Balonmán Chapela: 27(15+12). David López, Lois Alonso, Anxo Barca (1), Nicolás Díez, Ángel Pérez (4), David Comesaña, Pedro Rodríguez, Xoel Fdez (7), Rubén Serantes, Hugo Correa (3), Asier Vázquez (10), Pedro Salgado (2).

BM. Culleredo Construpereiro: 37(15+22). Marco González (P), Marcos Regueiro (2), David Martínez (8), Adrián Veira (5), Iván Sánchez (2), Diego Del Río (3), Aaron Blanco, Antón Pérez, Samuel Seijas, Daniel González (4), Josemi Martínez (5), Lucas Sánchez (4), Juanfran Pazos (2), Teo Calvo (2).

Parciais cada 5´: 3-2 / 5-7 / 7-12 / 11-15 / 13-20 / 15-20 / Descanso / 16-22 / 18-24 / 19-28 / 21-30 / 25-32 / 27-37 / Final.

Colexiado: Alberto Terleiro.

Incidencias: Segundo encontro da Copa en categoría cadete masculino, disputado no pavillo´n Manuel González Soto de Chapela ante coarenta seguidores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *