Saltar ao contido

Dura derrota do xuvenil Óptica Gallaecia.

Este domingo ás 13:30, tocábanos recibir a visita dos veciños do Balonmán Abengondo, nun encontro correspondente á terceira xornada de copa.

Partido marcado pola igualdade en ambos conxuntos, con diferenzas no marcador de un, dous e hasta tres tantos nos dous bandos. Os nosos xuvenís saían intensos en defensa, cunha 5.1 moi solida e con boas axudas, o que nos axudaba a recuperar balóns e sair rápido a contra, transicións veloces en 1a e 2a oleada que nos metían de cheo no partido. Pero non ía a ser tan sinxelo, a dureza defensiva do plantel rival, complicaba o noso ataque no cal nosotros amosabamos ademáis moita presa por marcar gol, cometendo perdas de balón que acababan en goles encaixados. Así é todo, esta igualdade no 40x20 derivou nun empate 11-11 ao final da primeira parte.

O desenrrolo da segunda metade, foi similar, sempre un tanto arriba, un tanto abaixo para ambos conxuntos, pero non fumos quen de afastarnos no marcador do rival. Os nosos xuvenís non deixaron de loitar cada balón ata o último instante, amosando melloría en moitos aspectos do xogo. Malía iso, ao final dos 6o minutos, o marcador amosaba un 25-28 a favor dos de Abegodo, os últimos 10 minutos do encontro, non fumos capaces de enmendar esos erros que nos lastraron ata o final. Duro rival e dura derrota que nos deixa ca mel nos labios. Seguimos traballando e seguimos mellorando, esto sólo é o comezo.

FORZA CULLE!!!!

Balonmán Abegondo: Unai García (12), Antón Cadaveira (3), Xiao Gestal (3), Miguel Ameijenda (3), Adrián Torras (3), Sandro Rey (3), Diego Reparaz (1)

Balonmán Culleredo: Kidus (8), Álvaro del Busto (4), Gerpe (3), Pablo Fariña (1), Iago Bescansa (2), Teo Calvo (1), Guille Puga (1), Dani Glez (2), Marcos Regueiro (2), Shaiel (1)

Parciáis cada 5': 2-3, 4-4, 5-5, 6-6, 9-8, 11-11, descanso, 16-14, 18-16, 19-18, 21-22, 23-25, 25-28, final

Arbitraxe: Andrés Rosendo e José López

Incidencias: 3a xornada de copa Xuvenil desputada no pavillón de Tarrío.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *