Saltar ao contido

Duelo dos nosos xuvenís en Almeiras.

O pasado xoves ás 20:30 da tarde, no municipal de Almeiras, os nosos equipos xuvenís, Óptica Gallaecia e Despreocúpate, enfrontábanse no partido correspondente a primeira xornada de copa, partido que tivo que ser aprazado por mor das baixas nos dous grupos.

Partido marcado polo ritmo de balón en ambos conxuntos, fieis ao modelo de xogo. Na primeira parte, o grupo Despreocúpate, collía distancias no marcador de forma sinxela, por outra banda, o Óptica Gallaecia, comezaba con imprecisións e moitas perdas de balón, amosando no marcador, un parcial de 11-4 no minuto 15 da primeira parte para os de Despreocúpate.

Despois da pausa de hidratación, Optica Gallaecia poñíase o mono de traballo e comezaba a subir a intensidade na defensa, sendo máis contundentes e provocanco así erros nos de Despreocúpate. A esa seriedade defensiva, sumamos a confianza en ataque, no que por fin, puidemos ver matices moi importantes no traballado dende o 1 de agosto. Ao final da primeira parte, o marcador amosaba unha diferenza de 2 goles a favor de Despreocúpate.

Na segunda metade, Despreocúpate, apostando por unha defensa 5.1, provocaba moitas imprecisións nos de Óptica Gallaecia, que aproveitaba para sair rápido a contra e encaixar así un parcial de 6-0 nos primeiros 10 minutos desta segunda metade. A tónica continuou a ser similar ata o final, a dura defensa do despreocúpate e as rápidas transicións facían mella nos de Optica Gallaecia, malia iso, este grupo non deixou de pelexar e dar a cara ata o final.

O mellor deste encontro foi ver coma despois do pitido final, ambos bandos xuntábanse e abrazábanse para gritar xuntos ` 1, 2, 3, CULLE!!! ´, dous conxuntos que apaixonan e que teñen por diante grandes logros e alegrías que darnos.

FORZA CULLE!!!!!!!!!!!!

Bm Culleredo Optica Gallaecia 21-45 Bm Culleredo Despreocúpate

GOLES

DESPREOCÚPATE

Martín Ínsua 10

Chao 4

Senén 8

Briones 4

Nuno 4

Xoel 2

Nico Perez 2

Mate Díaz 7

ÓPTICA GALLAECIA

Gerpe 3

Kidus 2

Fariña 6

Del Busto 1

Nico Vázquez 3

Teo 3

Iago Bescansa 1

Shaiel 1

Marcos Regueiro 2

PARCIÁIS

4-2, 9-3, 11-4, 12-8, 15-11, 18-16, 20-17, 26-17, 32-18, 34-19, 30-20, 45-21

ARBITRAXE

Iván Hernández e Rubén Iglesias

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *