Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA!

BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA - PUNTA DEL ESTE XIRIA

Segunda xornada de copa para as nosas rapazas do Bm Culleredo Canosa Abogacía, que trala victoria da pasada xornada, reciben este domingo ás 10:00 ao Xiria en Tarrío. Partido con antecedentes de hai unhas semanas, nas que se veu unha igualdade máxima entre ambos conxuntos e de seguro que así será de novo. Esperamos poder competir e seguir pelexando por esos primeiros postos da copa.

SEIS DO NADAL COIA - BM CULLEREDO SUTENOR

Nova xornada para os rapaces do Bm Culleredo Sutenor, que viaxan de novo a Vigo para seguir traballando e dando pasiños. Nesta ocasión toca xogar contra o Seis do Nadal, nun encontro que debería estar desputado e no que os nosos esperan mellorar o feito a semana pasada e amosar unha sólida defensa.

CLUBE BALONMÁN TUI - BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

Primeiro partido oficial para o Bm Culleredo Remax Riazor que viaxa a Tui para xogar contra un equipo que conta os seus partidos de pretemporada con victorias e tamén na primera xornada da copa, donde o Bm Culleredo Remax Riazor descansou.

Prométese un partido desputado e máis nesta categoría infantil.

SAR RODAVIGO "A" - BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

Nova xornada de copa para as nosas cadetes que intentarán demostrar a súa melloría despois dun difícil encontro contra o Carballal. Nesta ocasión tamén tocará un equipo con moito recorrido como é a Sar de Redondela.

UPI INFORMÁTICA LALÍN - BM CULLEREDO CLIMANOSA

Fin de semana con duro partido para os nosos cadetes do Bm Culleredo Climanosa, que se desprazan a Lalín para enfrontarse a un moi bo UPI Informática Lalín. O encontro será moi difícil, pero de seguro que o traballo feito nos leva a ser máis competitivos e complicarlle as cousas aos locais.

BM CHAPELA - BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO

O conxunto cadete BM. Culleredo Costrupereiro, viaxará o próximo sábado ate Chapela para enfrentarse ao equipo da localidade de Redondela. Os rapaces de Culleredo, que acuden a cita con tres importantes baixas na súa primeira liña, afrontarán a difícil tarefa de superar este contratempo e imporse ao BM.Chapela para seguir aspirando a conseguir a primeira praza deste grupo da Copa Galicia. O partido dará comenzó as 18:00h no pavillón Manuel González Soto.

U.B. LAVADORES VS BALONMÁN CULLEREDO RAFERGAL

Despois da derrota na pasada fin de semana fronte ao BM. Cangas en Tarrío, as xuvenís do BM. Culleredo Rafergal viaxan ate Vigo para disputar o terceiro encontró desta Copa Galicia ante outro dos conxuntos chamados a liderar a táboa clasificatoria, o U.B. Lavadores. As olívicas, representan a unha das randes canteiras galegas e con certeza que será un reto maiúsculo para as xogadoras cullerdenses que parten co obxectivo de facer un mellor papel co da pasada semana e aumentar as súas prestacións competitivas. O partido disputarase o Sábado ás 17:00h no municipal de Lavadores.

BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA - BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES

O BM. Culleredo Óptica Gallaecia e o BM. Culleredo Despreocúpate.es, disputarán este Xoves as 20:30 e no polidepotivo de Almeiras, o partido aprazado da primeira xornada da Copa Galicia que estaba pendente por xogar. Os dous conxuntos do clube BM.Culleredo, sairon vencedores na segunda xornada da competición copeira, polo que este encontro enfrenta a dous equipos invictos. O que se leve a vitoria, polo tanto, terá moitas papeletas para rematar como primeiro de grupo nesta fase do torneo federativo.

BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA - EBM ABEGONDO

Este domingo ás 13:30, o noso equipo xuvenil Óptica Gallaecia, enfróntase ao EBM Abegondo, logo de conseguir unha victoria o finde pasado, os nosos pretenden continuar nesta senda e acadar dous puntos máis nesta competición de copa. Partido que a priori, asemella moi igualado. Imos a por todas!

CULLEREDO DESPREOCUPATE.ES VS ARTEIXO MARUXÍA ASESORES

Despois da importante vitoria o pasado Domingo en Abegondo, o BM. Culleredo Despreocupate.es, recibe aos vecinos do Arteixo Maruxía Asesores. Un importante encontro no que os cullerdenses buscan una nova vitoria para poder acadar o primeiro posto do grupo e desta forma conseguir ser cabeza de serie para os Play-Off. Os locais deberán de sair ao terreo de xogo ca responsabilidade e seriedade para completar sesenta minutos a un ritmo e nivel moi alto e polo tanto a concentración será clave para conseguir as mellores prestacións en todas as fases do xogo. O partido dará comenzo as 11:30h no municipal de Tarrío.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *