Saltar ao contido

Hoxe coñecemos a… FARMACIA CEPEDA!

Comezamos esta nova tempada 21-22 recuperando unha sección capital, "Hoxe coñecemos a...", sección na que vos damos a coñecer a toda a familia do Balonmán Culleredo a todas esas personas que dan o seu apoio para que isto sexa posible e ás que non nos cansaremos de darlle as gracias.

Hoxe vamos coñecer a Farmacia Cepeda, que leva coidando da veciñanza de Culleredo xa 11 anos. Podemos atopala no nº2 da Rúa Andrés Pan Vieiro, a donde nos acercamos para conversar con Violeta Cepeda, que forma parte do excelente grupo humano de 9 profesionais que nos atopamos.

Violeta Cepeda

HORARIOS E SERVIZOS

A Farmacia Cepeda non pecha ningún dos 365 días do ano, tendo sempre dispoñibles os seus servizos para beneficio de toda a veciñanza. Podedes atopala aberta todos os días do ano co seguinte horario de forma ininterrumpida:

  • Luns - Venres: 09:00 - 22:00
  • Sábado: 09:30 - 22:00
  • Domingo: 10:30 - 22:00

Durante todas estas horas que permanecen abertos ao longo da semana podes beneficiarte de calquera dos múltiples servizos que ofrecen:

  • Ortopedia: Con unha ampla variedade de productos ortopédicos, na Farmacia Cepeda de seguro que atopas todo aquelo que precisas. Poderás encontrar dende variedade de productos de gran consumo (guantes, medias de compresión, todo tipo de férulas, etc), así como un amplo e accesible listado de equipamento específico para mellorar o teu día a día (grúas, camas, cadeiras de rodas, etc) que poderás alquilar a precios accesibles xa sexa pagando por día, semana ou mes.
  • Emblistado de medicación personalizado: Servizo prácticamente exclusivo, sendo unha das únicas 2 farmacias da contorna que ten a capacidade de realizalo. Actualmente realízanlle o emblistado a máis de 100 persoas diferentes entre particulares e persoas que se atopan en residencias. Con este servizo fan que a autoxestión dos medicamentos que debemos tomar sexa moito máis sinxela, deixando claramente indicado o momento no que se debe tomar cada medicamento de forma que non poida haber erros.
  • Farmacia especializada en asesoramento nutricional: O persoal especializado en asesoramento nutricional do centro poderá axudarche a que leves unha vida máis saudable e solucionar os teus problemas alimentarios. Con este servizo poderás coñecer mellor o teu corpo e recibirás axuda xa sexa para perder peso ou para ter baixo control aquelas patoloxías ou situacións que requiran dun especial control nutricional.
  • Test de antíxenos: A Farmacia Cepeda é unha das 7 farmacias de Culleredo que dispón deste servizo, ofrecendo tanto test de saliva como nasais.
  • Medición e control de tensión e glucosa: Para moitas persoas esto pode ser algo importante e na Farmacia Cepeda facilítanche estas medicións. Se necesitas controlar algún destos parámetros, poderás facer controis dos niveis de glucosa, colesterol e da tensión para asegurarse de que todo está ben e non descoidar a túa saúde.
  • Perforación e colocación de pendentes: Se queres facer un pendente e non sabes a donde acudir, aquí terás profesionais cualificados para que o poidas facer de forma segura.
  • Medición e control corporal: Co sistema que empregan, poderás saber con exatitude a túa composición corporal: peso, masa de músculo esquelético, masa grasa e agua corporal total. Indicar como punto a ter en conta, que tamén se pode determinar a masa de grasa na área visceral (aquela que se encontra na zona do abdomen e rodea os órganos internos que alí se atopan).

A maiores dos servizos citados, debemos destacar á Farmacia Cepeda como un grupo humano que se preocupa pola veciñanza, participando de forma activa e creando diferentes campañas de apoio a todas as persoas da zona, así como axudando particularmente a todo aquel que o precisa. Na conversa que mantivemos con Violeta, puidemos ver como durante a pandemia levaban os medicamentos á casa a todo aquel que o precisara, como en casos de necesidade lles facilitaron o acceso a diferentes productos a veciños e veciñas de Culleredo e como manteñen activa unha campaña de doazóns tanto económicas como de material para todo aquel veciño ou veciña que poida estar en dificultades.

Gracias Farmacia Cepeda pola axuda que nos dades tanto ao clube como a toda a veciñanza de Culleredo!

Para máis información:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *