Saltar ao contido

VITORIA INCONTESTABLE DO BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES EN ABEGONDO

O BM.Culleredo Despreocúpate.es, desprazábase na mañá do pasado Domingo a Abegondo para iniciar o seu periplo pola competición oficial na tempada 2021-22. En concreto, tratábase do primeiro partido de Copa Galicia, un transcendental encontro no cal, aos cullerdenses, só lles valía a vitoria na procura desa primeira praza do grupo que os sitúe como cabezas de serie nos play-off do mes de Outubro.

Saltaron os xogadores de Culleredo cun alto ritmo ao 40x20 do municipal de San Marcos, conseguindo unha primeira renda importante de 1-6 que sería fundamental para o devir do envite. Cun dominio incontestable nas diferentes fases do xogo, os visitantes finiquitarían virtualmente a confrontación nos primeiros trinta minutos, xa que o 13-22 que reflectía o marcador no tempo de descanso, parecía de todo insuperable para os locais, segundo as prestacións mostradas por úns e outros no primeiro acto.

Lonxe de confianzas e mantendo a seriedade e concentración no partido, o BM. Culleredo Despreocúpate.es non baixaría o seu ritmo de xogo, aumentando no segundo tempo as diferenzas entre ambos os conxuntos a medida que ao seu rival esgotábanselle as enerxías.

Bo comezo polo tanto para os xuvenís do BM.Culleredo, que terán que seguir afinando conceptos e mellorando prestacións pensando xa en futuros compromisos.

E.M.Abegondo: 24 (13+11). Yago Pardo, Diego Reparaz (1), Sandro Rey, Miguel Ameijenda (2), Andrés Garrote (2), Antón Cadaveira (7), Adrián Torras, Unai García (7), Xiao García (3), Jorge Caamaño (2), Diego Roel, Juan Manuel Pérez.

BM. Culleredo Despreocúpate.es: 50 (22+28). Marco Abad (p), Nicolás Pérez (2), Xoel Garrido (3), Martín ínsua (17), Guillermo Briones (1), Iago Chao (6), Mateo Díaz (8), Nuno Loxo (6), David Martínez (1), Senén Garea (6).

Parciais cada 5´: 1-6 / 3-7 / 6-12 / 7-16 / 9-19 / 13-22 / Descanso / 14-26 / 15-31 / 17-36 / 20-43 / 20-46 / 24-50 / Final.

Colexiados: Iván Hernández e Renzo Martín. Sen problemas.

Incidencias: Primeiro encontro da Copa Galicia (Grupo D) en categoría xuvenil masculino, disputado no municipal de San Marcos (Abegondo) ante trinta seguidores aprox de ambos os conxuntos.

Fotos do partido:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *