Saltar ao contido

Primeiro encontro e primeira victoria do xuvenil Óptica Gallaecia.

Este sábado ás 11:30, o noso equipo xuvenil Óptica Gallaecia, desprazabáse a Arteixo a desputar a segunda xornada da copa ante os nosos veciños do Balonmán Arteixo.

Partido moi competido dende o comezo ata o final, onde ningún dos dous equipos conseguía dar coa tecla correcta para distanciarse no marcador. Partido onde os erros de pase e de lanzamento de ambos conxuntos marcarían a tónica xeral dos primeiros 30 minutos, acabando a primeira parte cun resultado de tan só 6-6.

Na segunda metade, os nosos saían cunha defensa 5.1 que lles complicaba máis as cousas ao rival, recuperando así consecutivos balóns e subindo en 1a oleada, só así fumos quen de adiantarnos no marcador. Tralo último tempo morto do noso adestrador, os nosos por fin saían intensos e contundentes en defensa, puidendo así obter unha vantaxe de 3 tantos nos últimos 5 minutos do duelo. Así, ao final 18-21 para os nosos xuvenís.

Partido de moitas imprecisións e nervios, que de seguro vainos valer para seguir mellorando. Noraboa polo esforzo rapaces.

FORZA CULLE!

Bm Arteixo Maruxía Asesores 18 - 21 Bm Culleredo Óptica Gallaecia

PARCIAIS

0-1, 2-2, 2-3, 4-3, 5-4, 6-6, 7-9, 10-10, 13-11, 15-13, 18-17, 21-18

GOLES

Álvaro del Busto 5, Guille Puga 1, Pablo Fariña 2, Iago Bescansa 2, Kidus 4, Shaiel 2, Dani 2, Marcos Regueiro 2, Teo 1

ARBITRAXE

Pablo Barreiro e Elena Glez (anotadora)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *