Saltar ao contido

O BM. CULLEREDO RAFERGAL CAE ANTE O BM. CANGAS

O BM. Culleredo Rafergal saíu derrotado na segunda xornada da Copa Galicia fronte ao BM. Cangas. As locais deron moitas facilidades ás de O Morrazo, tanto nos comezos como nas postrimerías do envite e aquelas non desaproveitaron a oportunidade para poñer terra polo medio desde o principio e mostrarse como un conxunto superior.

As imprecisións foron demasiado lastre para un conxunto, o cullerdense, ao que se lle notou a falta de adestramento en grupo e polo tanto, a asimilación de conceptos do modelo de xogo e automatismos, especialmente en labores ofensivos onde houbo un gran desentendemiento nalgunhas fases do partido. Co 5-12 ao descanso, o BM. Cangas xa tiña os dous puntos no peto e o segundo acto careceu de historia, aínda que as xogadoras do BM. Culleredo Rafergal melloraron algo as súas prestacións, especialmente nos primeiros compases da continuación.

Na volta ao 40x20 e ao termino do meridiano deste segundo tempo, o parcial conseguido polas locais era de 5-6, un tanteo que evidenciaba o mellor facer das de Culleredo, afianzándose principalmente en tarefas da súa defensa 6:0. A partir de aquí e ata o final, os erros volveron deixar en bandexa rápidos contragolpes e lanzamentos sinxelos ante a porteira Aroa, o cansazo estaba a facer efecto e o 1-6 de parcial das mozas de Cangas daba un último e duro golpe aos intereses do BM. Culleredo Rafergal para deixar o marcador final nun incontestable 17-31.

BM. Culleredo Rafergal: 17 (5+12). Aroa Barbeito (p), Lucía Ponte, Candela Puga (1), Lucía Sánchez (1), Carlota Rodríguez (2), Marina Rodríguez, Carla Bello, Aitana Tasende, Paula Valderrábano (7), Marta Valderrábano (6).

Balonmán Cangas: 31 (12+19). Laura Cordeiro (2), Nayara Pereira, Daniela Budiño, Antía Rodríguez, Sara González, Carla Vidal (4), Laura Novás (3), Joana Dacosta (4), Adriana Rial (2), Sabela Nores, Inés Bernárdez (5), Irene Romero (7), Alexandra Freire, Yaiza Gil (4), Lara Martín.

Parciais cada 5´: 0-3 / 2-6 / 3-9 / 3-9 / 3-10 / 5-12 / Descanso / 7-13 / 8-17 / 10-18 / 11-24 / 13-26 / 17-31 / Final.

Colexiados: Uxía Mariño e Ángel Mateos. Sen problemas.

Incidencias: Segundo encontro da Copa en categoría xuvenil feminina, disputado no municipal de Tarrío ante úns coarenta seguidores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *