Saltar ao contido

GRAN ÉXITO DO TORNEO FESTAS DE CULLEREDO 2021

O torneo FESTAS DE CULLEREDO 2021, resultou un gran éxito de organización e aistencia, coa participación de E.BM.Xiria, Finetwork GiJón e, por suposto, o BM. Culleredo.

Os partidos comezaron a disputarse na tarde noite do Venres e é que, para abrir boca, visitaba o municipal de Tarrío o Calvo Xiria, equipo senior que a pasada tempada proclamábase campión de 1ª nacional e disputaba a fase de ascenso a DHP. O encontro, que daría comezo ás 20:30, sen dúbida era un test de máxima esixencia para os de Culleredo, dentro dunha posta a punto que segue o seu curso con nota, á espera da competición ligueira. Os de Carballo farían boa a súa condición de favoritos como conxunto de categoría superior que son e sairían vencedores dun encontro que serviría e moito para que os xogadores o BM. Culleredo continúen axustando conceptos do modelo de xogo e asimilando automatismos.


Foi o sábado temperán e durante todo o día, onde as categorías base terían a súa cota de participación dentro do torneo e así, xuvenís e infantís de Carballo, Gijón e Culleredo, enfrontaríanse ao longo dunha xornada de bo balonmán. Os asturianos, con dous equipos xuvenís e un infantil, os bergantiñáns, cun de cada categoría e o BM. Culleredo, participante con dous conxuntos infantís e dous xuvenís, selarían ás 20:00 da tarde unha experiencia deportiva de convivencia e vínculos entre clubs que sen dúbida deixan un gran sabor de boca entre xogadores, familiares e afeccionados.

Fotos do Torneo:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *