Saltar ao contido

O BM. Culleredo Construpereiro e o BM. Culleredo Climanosa, abren a tempada oficial en categoría cadete

O BM. Culleredo Construpereiro, impúxose na tarde de onte Xoves aos seus compañeiros do BM. Culleredo Climanosa, no que sería o pistoletazo de saída á competición oficial 2020-21. O traballo dos dous equipos foi positivo e a entrega excelente, nun primeiro test que servirá para ir perfilando e afianzando o modelo de xogo en cada un dos conxuntos.

As variantes defensivas con sistemática 6:0 e 5:1, servían para obter as primeiras informacións de como os xogadores están a asimilar os conceptos traballados nesta pretempada, así como a saída en primeira e segunda onda despois tras éxito da retagarda. Os primeiros trinta minutos xa terminarían con vantaxe do Construpereiro, que na segunda parte aumentaría esa diferenza para acabar levándose os dous primeiros puntos en xogo.

Ambos os conxuntos, encadrados no grupo C de Copa federación con UPI Informática Lalín e Balonmán Chapela, enfrontaranse aos dous equipos de Pontevedra nas seguintes xornadas, xusto antes dos Play-Off previos ao comezo da competición ligueira.
A boa disposición para o traballo destes dous equipos, fan que o optimismo reine no grupo de cara a a evolución formativa e mellora de cada uns dos trinta e dous xogadores que conforman este magnífico grupo cadete.

BM. Culleredo Construpereiro: 40 (22+18). Marco González (p), Lucas Sánchez (5), Aaron Blanco (1), Marcos Regueiro (4), Josemi Martínez (7), Daniel González (4), Iván Sánchez (2), Adrián Veira (4), Teo Calvo (4), Diego Del Río (4), Alejo Martínez (2), David Martínez (3).

BM.Culleredo Climanosa: 10 (7+6). Rubén Gantes (p), Nicolás Casal, Hugo Vázquez (2), Bruno Pardo, Nicolás Arias, Iago Vázquez (3), Adrián Pestonit (5), Bieito Muiña, Xoel Ínsua (2), Felix Noya, Anxo Garrido, Mateo Pérez (1).

Colexiados: Iván Herández e Martina Regueiro. Estiveron ben.

Incidencias: Primeiro encontro da Copa en categoría cadete masculino, disputado no municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *