Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA!

Da comezo esta fin de semana a competición oficial xa en todas as categorías dende infantís, con partidos de esixencia para comezalo ano.

(if) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA - CORETI LALÍN

O BM. Culleredo Canosa Abogacía afronta este domingo ás 11:00 o seu primeiro encontro oficial nesta tempada. O rival será un, de seguro, duro Coreti Lalín, clube con moita tradición e no que sempre teñen equipos moi competitivos. Prevese un encontro de alta intensidade, donde a defensa será crave para chegar ao final do partido competindo.

(IM) BM CARBALLAL – BM CULLEREDO SUTENOR

O Sutenor comeza a competición viaxando a Vigo a enfrentárse a todo un clásico como como o Carballal.

O Culle busca nestes primeiros encontros , cohesionarse como equipo e ir afianzándose nesta categoría.

Moita ilusión neste grupo xa que para moitos será a súa estrea na categoría infantil.

Moita Sorte e Forza Culle.

(CF) BM CARBALLAL- BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

Estreo do cadete femenino este ano na Copa Galicia. Viaxa a Carballal a enfrontárse a  un equipo con moita tradición e éxitos deportivos nesta categoría.

O Culle pola contra busca seguir crecendo. Moitas gañas de empezar a competición e moita ilusión para afrontar o primeiro partido de competición oficial

 (CM) CULLEREDO CONSTRUPEREIRO - BM CULLEREDO CLIMANOSA

O BM. Culleredo Construpereiro e o BM. Culleredo Climanosa, inician a competición 2020-21 este Xoves 2 de Setembro ás 19:00h no polideportivo de Almeiras. O destino quixo que os dous equipos de Culleredo se enfronten na primeiro xornada de Copa e, aínda metidos en pretempada, ambos os conxuntos tentarán aplicar no 40x20 o traballado neste mes de Agosto.

(XF) BALONMÁN CULLEREDO RAFERGAL - BALONMÁN CANGAS

Despois da vitoria conseguida a pasada semana fronte ao Seis Do Nadal, as xuvenís do BM. Culleredo repiten como locais ante un dos conxuntos chamados a liderar a táboa clasificatoria, o BM. Cangas. As de Ou Morrazo, representan a unha das mellores canteiras galegas e con certeza que será un reto maiúsculo para as bravas xogadoras cullerdenses que parten coa ilusión de completar un excelente encontro. O partido disputarase o Domingo ás 13:00h no municipal de Tarrío.

(XM) EM ABEGONDO - BM CULLEREDO DESPREOCUPATE.ES

Comeza a competición de Copa Galicia para os xuvenís do BM. Culleredo e xa, ao primeiro de vez, o BM. Culleredo despreocupate.es, disputará unha auténtica final no municipal de San Marcos fronte a EM. Abegondo. Despois da vitoria dos locais ante o BM. Arteixo, o encontro tórnase importantísimo para os dous equipos na loita por conseguir a primeira praza do grupo e por tanto, o premio de ser cabeza de serie no sorteo polo Play-Off dentro dunhas semanas. O encontró dará comenzó as 10:00h.

BM ARTEIXO MARUXÍA ASESORES – BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA

Este sábado ás 11.30, o noso equipo xuvenil, desprazarase a Arteixo para xogar a segunda xornada da copa. Primeiro partido deste grupo que tras 4 semanas de pretemporada encóntrase nun gran nivel de forma. De seguro será un partido de moita intensidade e competición. Moitas ganas de volver ao 40x20!

Forza culle!!!

TORNEO FESTAS DE CULLEREDO

Este Venres e Sábado, aproveitando as datas festivas en Culleredo, haberá unha gran xornada de balonmán no pavillón de Tarrío.

O Venres, para abrir boca, o BM. Culleredo de categoría senior enfrontarase a un grandísimo equipo, o Calvo Xiria de Carballo, un conxunto con enorme potencial que o pasado ano proclamouse campión da 1ª División nacional, disputando posteriormente a fase de ascenso a DHP. Sen dúbida, será un evento de gran aliciente para o espectador. Un encontro que se disputará ás 20:30 no pavillón de Tarrío.

Xa o Sábado durante todo o día, as categorías base terán o seu protagonismo dentro deste torneo e así, os dous equipos xuvenís do BM. Culleredo e os dous infantís, recibirán a visita dos asturianos Finetwork Xixón e E.BM. Xiria. Unha xornada que promete ser apaixonante con partidos desde as 10:30h ata as 18:30.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *