Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO SUPERA DOUS TEST DE NIVEL CON NOTA ALTA

O BM. Culleredo afrontaba a pasada fin de semana dous test dun nivel altísimo ante rivais de superior categoría e de renome. Si no partido do sábado os cullerdenses desprazábanse ata terras asturianas para enfrontarse ao Finetwork GiJón da 1ª División nacional, o Domingo facíano como locais nos cuartos de final da Copa Galicia ante o Seis Do nadal de Vigo, tamén da citada categoría nacional.

En ambos os test, os xogadores de Culleredo estiveron a un nivel notable, especialmente no primeiro encontro onde asinaron unha primeira parte de ilusión cun parcial de 15-19 a todo un señor equipo. Cunha reacción esperada no segundo acto dos locais e unha batalla de poder a poder durante os trinta minutos restantes, o BM. Culleredo acabaríase impondo por un marcador de 31-32 nun partido vibrante e vistoso que fixo as delicias dos alí presentes. Non sería moi distinto ao día seguinte e é que a pesar do cansazo acumulado facía apenas vintecatro horas, o BM.Culleredo plantou cara e de que maneira ao conxunto olívico do Seis Do Nadal, que só puido imporse pola mínima nos instantes finais e despois dun cúmulo de balóns perdidos na primeira onda por parte do conxunto local. A imaxe, prometedora e ilusionante do BM. Culleredo nos primeiros test de pretempada, foi premiada cunha gran ovación polo público que se puido dar cita no municipal de Tarrío. Os bravos xogadores rojillos, que están a exhibir un xogo rápido, dinámico e vistoso, prometen ofrecer moitas e marabillosas tardes de balonmán nesta tempada 2020-21.

Finetwork Gijón vs BM. Culleredo:

Finetwork Gijón: 31 (15+16). José Luis Gardín, Nicolás Yague (4), Nacho García, Daniel Suárez, Kevin Saltos (5), Samuel Arias (1), Diego Cruz (3), Oscar Álvarez, Diego Canal (2), Diego González (2), Pelayo Nistal (1), Alex Cortina, Iván Suárez (7), Hugo Fdez (4), Diego Rey (2).

BM. Culleredo: 32 (19+13). Antonio Vieiro (p), Oscar Bello (p), Alberto Catoira (2), Miguel Casal (5), Iago Franco (7), Álvaro Fdez (3), Marcos Vázquez (1), Daniel De Salvador (4), Mateo Díaz, Mario Crecente (5), Darío Pérez (1), Adrián Díaz (2), Aresio Rosende (2).

Colexiados: Gabriel Folgoso e Santiago Piñera. Sen Complicacións.

BM. Culleredo vs Seis Do Nadal Coia:

BM. Culleredo: 25 (12+13). Antonio Vieiro (p), Cristian Vigo (p), Alberto Catoira (3), Miguel Casal (1), Iago Franco (3), Álvaro Fdez (1), Marcos Vázquez, Daniel De Salvador (5), Mateo Díaz (1), Mario Crecente (2), Darío Pérez, Adrián Díaz (3), Iago Ferreiro (4), Carlos Pereiro, Dani Del Río (1), Martín Ínsua (1).

Seis Do Nadal Coia: 26 (13+13). Abraham Alonso (10), Bruno Cela (2), Samuel Couto (2), Jorge Gayo (2), Santiago Iglesias, Adrián Leiros, Andrea Marie Pichel, Javier Mera (1), Pablo Orge (4), Martín Rial (3), Diego Rivas (1), Xabier Soutullo.

Colexiados: Pablo Barreiro e Christian García. Sen problemas.

Incidencias: Cuartos de final da Copa Galicia en categoría senior disputado no municipal de Tarrío cunha boa entrada, inda que con aforo limitado polas medidas Covid.

Fotos do encontro BM.Culleredo vs Seis Do Nadal:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *