Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO RAFERGAL SUPERA AS MÚLTIPLES BAIXAS E IMPONSE NO PRIMEIRO PARTIDO OFICIAL

O BM. Culleredo Rafergal non acudía ao comezo da competición 2020/21 nas mellores condicións e é que as cullerdenses, por diferentes motivos, tan só podían contar con cinco xogadoras en idade xuvenil. En total, conformaban o plantel para este primeiro envite oito efectivos e completaban a convocatoria de forma urxente tres cadetes de primeiro ano. Aos problemas de número sumábase o non poder contar cunha porteira específica, pero as bravas xogadoras de Culleredo deron un paso adiante para afrontar da mellor maneira posible o encontro e superar esta situación.

Despois duns inicios titubeantes, o BM. Culleredo Rafergal poñeríase por diante no marcador (4-2). Era o minuto dez e as locais xa non cederían terreo nos cincuenta minutos posteriores, é máis, as diferenzas seguirían aumentando para os seus intereses, ao momento de asinar unha cómoda vantaxe no tempo de descanso (13-8).

Na segunda parte non houbo sobresaltos, as xogadoras de Culleredo   apoiaríanse no labor defensivo para encaixar só 2 goles neste parcial de 30 minutos e ampliaría progresivamente a distancia para asinar unha vitoria cómoda e que deixa os dous primeiros puntos en xogo en casa, cunha boa participación de todas as nenas que se deron cita no parqué do municipal de Tarrío.

BM. Culleredo Rafergal: 22 (13+9). Anheliz A. Alexander (2), María Bescansa, Lucía Ponte (4), Candela Puga (4), Lucía Sánchez (2), Carlota Rodríguez (8), Sofía Gerpe, Carla Corral (2).

Seis Do Nadal Coia: 10 (8+2). Carlota Campaño (1), Laura González, Elena Rosales (1), Silvia Sánchez, Daniela Ureña, Alexandra Casas, Noelia Sánchez, Sara Mª Rodríguez (1), Andrea Cristobo (1), Nerea Mora (6).

Parciais cada 5´: 1-2 / 4-2 / 5-3 / 8-3 / 12-6 7 13-8 / Descanso / 13-8 / 14-9 / 15-9 / 18-10 / 22-10 / Final.

Colexiados: Pablo Barreiro e Christian García. Sen problemas.

Incidencias: Primeiro encontro da Copa en categoría xuvenil feminina, disputado no municipal de Tarrío ante trinta seguidores de ambos os conxuntos.

Fotos do encontro:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *