Saltar ao contido

Convocatorias da FGBM e da RFEBM

A nosa canteira sigue crecendo e demostrando o seu bo facer, dando cada día novos pasos para mellorar como xogadores e xogadoras. O esforzo feito por todos os nenos e nenas da familia do Balonmán Culleredo veuse recompensado esta fin de semana coa convocatoria de 17 deportistas do noso clube ás xornadas de observación da FGBM de cara á configuración das seleccións galegas das categorías infantil e cadete.

Nas categorías femininas seguimos crecendo, sumando cada vez máis nenas á nosa base e consolidando os nosos equipos femininos en todas as categorías. O bo traballo das nosas vese reflexado coas 4 xogadoras convocadas para estas xornadas, noraboa rapazas, toca seguir remando nesta mesma dirección.

Nas categorías masculinas continuamos progresando, con unha notable presenza con 13 xogadores nas xornadas de observación, o que de seguro foi unha experiencia moi enriquecedora para os nosos nenos e un premio ao gran esforzo que fan cada día de adestramento.

Por outra banda, o noso xogador, Samuel Seijas, estará do 24 de setembro ao 1 de outubro nas xornadas de observación da RFEBM no CAR de Sierra Nevada. Tras ter participado anteriormente nas xornadas infantís, recibía a semana pasada a incrible noticia de poder participar nestas xornadas do nados nos anos 2006 e 2007.

Debemos estar orgullosos do traballo dos nosos xogadores e xogadoras e seguir apoiándoos para que poidan disfrutar e seguir progresando co deporte que tanto lles gusta!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *