Saltar ao contido

O grupo infantil masculino retorna as pistas.

Volveu o balonmám a Culleredo neste caso os primeiros en facelo , foi o grupo infantil masculino , que disfrutou dun gran partido amigable contra os nosos amigos do Xiria de Carballo.

Un bó partido que sirve a os dous equipo para ir collendo ritmo de xogo , e controlar as emocións deportivas.

Comezaba o encontro cun Culleredo moi atinado tanto na defensa como no ataque é grazas a certas interceptacións de balón na defensa grazas a o sistema defensivo 3:3 , o equipo local lograba certas ventaxas no marcador , o Xiria co pasos dos minutos ía encontrandose máis comodo , e lograba poñer en apuros a un culle e chegaria ao descanso cunha amplia ventaxa no marcador . O descanso 17-13 a prol dos locais.

Na segunda parte o Xiria cambiou a dinámica e grazas a unha forte defensa e claridad no ataque conseguiu empatalo encontro, ainda asi o Culle rearmouse e volveu a collelas rendas do partido que non soltarian ata o pitido final .

Moi bó encontro o disputado o Sábado onde xa puidemos ver pequenos detalles dos dous equipos que seguro que loitarán ata o final por conseguir unha gran competitividade na Copa Galicia e por conseguinte unha praza na Liga Ouro nos próximos Play-Off .

Sorte para o Balonmán Xiria e para o Balonmán Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *