Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS NON PUIDO CO ZAISA BIDASOA A PESARES DE ELEVAR O SEU NIVEL COMPETITIVO

Nun campeonato de España podes facelo ben, incluso moi ben e non chegar para acadar un resultado positivo polo enorme nivel dos rivais, pero non por iso hai que perder a perpectiva do bon facer e o mérito de algún conxuntos, como neste caso a gran temporada dos rapaces do BM. Culleredo Indutec Ingenieros. O conxunto de Culleredo enfrontábase na segunda xornada do Sector Nacional ao Zaisa Bidasoa de Irún coa ilusión de mellorar o nivel competitivo demostrado no día de onte ante o CD. Iplacea e inda que o conseguíu, non foi suficiente para imponerse a un rival cunhas capacidades físicas e antropométricas extrordinarias.

Comezou mal o partido para os de Culleredo, cun parcial de 5-1 en contra que obrigaba ao técnico cullerdense a solicitar o seu primeiro tempo morto. Non mellorarían as cousas na volta ao 40x20, co equipo vasco moi superior ao galego e poñendo toda a intensidade no envite, a propósito de que a vitoria os deixaría nunha posición idónea para disputarse a primeira praza na última xornada. Sen dar tregua ao seu rival, o Bidasoa conseguía unha ampla vantaxe ao descanso (22-13), aínda que os de Culleredo negábanse a baixar os brazos nesta ocasión e mostrábanse máis competitivos que no día de onte a pesar da superioridade do conxunto vasco.

A saída do Indutec Ingenieros no segundo acto foi moi positiva e coas primeiras accións defensivas conseguíase recuperar balón. No posicional o xogo en 2:4 estaba a facer dano ao Bidasoa e os cullerdenses conseguían reducir diferenzas. Dúas accións de roubo de balón que podían apuntar a un parcial importante a favor do Indutec Ingenieros, foron desbaratadas polo porteiro vasco e a resposta á contra volvía abrir unha cómoda vantaxe para os intereses irundarras (23-15). O conxunto de Culleredo non deixaría de competir e tentar, con todas as armas e sistemas posibles, as arremetidas dos fornidos xogadores vascos, que no meridiano da segunda parte tiñan a vitoria ao alcance cun resultado de 30-19. O parcial deste tempo sería de catro goles de diferenza a favor do conxunto Bidasotarra, que se impuñan finalmente ante un BM. Culleredo Indutec Ingenieros que demostrou unha loita continua e durante o sesenta minutos que durou o partido.

Zaisa Bidasoa Irún: 36 (22+14). Xabier Landa, Aitor Arroyo (1), Eneko Barros (5), Diego Viles (2), Ekaitz Montero (1), Endika Wamba (5), Francisco J. Gastaminza (9), Iker Arroyo (2), Iker Oruezabala (4), Marco López, Mikel Lasa (6), Ander García, Telmo Aristegui, David Portero, Asier Molina (1).

BM.Culleredo Indutec Ingenieros: 23 (13+10). Iván (P), Javier Ansede (p), Iago Bescansa (1), Xoel Insua, Marcos Regueiro (1), Lucas Sánchez, Nicolás Vázquez (1), Shaiel Costa (1), Nuno Loxo (7), Senén Garea (4), Adrián Pestonit, Teo Calvo, Diego Del Río (2), Juanfran Pazos, Pablo Fariña (2), Samuel Seijas (4).

Parciais cada 5´: 5-2 / 7-3 / 10-5 / 16-10 / 21-12 / 22-13 /Descanso/ 23-15 / 28-17 / 30-19 / 34-20 / 34-22 / 36-23 / Final.

Colexiados: Adrián Rodríguez e José Antonio Bracamonte.

Incidencias: 2ª xornada do Intersector Nacional (Grupo D) celebrada no pavillón Demetrio Lozano de Alcalá de Henares. Algúns dos pais dos nosos rapaces desprazáronse dende Culleredo para asistir a este evento durante o fin de semana.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *