Saltar ao contido

Previa da xornada!

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE MASCULINO

O BM.Culleredo Indutec Ingenieros desprazouse este xoves a Madrid para disputar a fase do sector do campionato de España. Os cullerdenses gañáronse ese dereito ao quedar subcampións galegos e desta forma quedaron encadrados no grupo D xunto aos locais do CD. Iplacea, O Zaisa Bidasoa de Irún e o Sant Martí Voramar “A” catalán. O BM Culleredo Indutec Ingenieros parte coa ilusión de competir e facer un gran papel nesta fase, a propósito que, a través destas experiencias, fórmanse os grandes xogadores. O CD. Iplacea de Madrid é o conxunto que parte como favorito, vello coñecido do conxunto galego e que deixou apeado da última fase aos hoxe cadetes do BM. Culleredo hai dous anos, cando se atopaban en idade infantil. Este feito tamén representa un reto para os de Culleredo, que desexaban enfrontarse aos de Alcalá De Henares para poder examinarse ante un gran rival e ver a progresión que o equipo tivo nos dous últimos anos.

O BM. Culleredo Indutec Ingenieros comezará a súa participación nesta fase o Venres ás 17:45, precisamente ante o anfitrión, para posteriormente medirse ao Zaisa Bidasoa Irún o sábado ás 16:00h e finalizar o sector o domingo ás 10:00h ante os cataláns do Sant Martí Voramar “A”. Todos os encontros se disputarán no pavillón Demetrio Lozano e o primeiro clasificado do sector conseguirá billete para a fase final do campionato de España.

VÍDEO DA PREVIA: https://youtu.be/LV7QanOmTQY

FASE DE ASCENSO A PRIMEIRA NACIONAL

Esta fin de semana o equipo senior desprazase a Oviedo para xogar a fase de ascenso á 1ª Nacional, gañándose o participar nesta fase ao proclamarse campións na Final Four da 1ª Autonómica.

O grupo está formado polo Liberkank Sinfin “B” (1° clasificado de Cantabria e filial do equipo da Asobal), Balonmano Vetusta (1° clasificado de Asturias) e o Balonmano Lagunak (1° clasificado de Navarra). Prevese a priori que sexa un grupo moi forte, no que o noso equipo chega moi ben física e mentalmente para competir a gran nivel durante toda a fin de semana. Loitaremos todos os encontros para intentar conseguir a ansiada praza na 1ª Nacional.

VÍDEO DA PREVIA:

#ForzaCulle

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *