Saltar ao contido

BALONMÁN CULLEREDO SUTENOR CAMPIÓN GALEGO

A pasada fin de semana o Sutenor xogaba o Play Off polo título de liga na localidade de Carballo. No primeiro dia ,o sábado enfrontábase a o filial do equipo de Asobal  o Cisne Colegio los Sauces. Un partido onde os dous equipos xogábanse o billete de cara o campeonato de España.

O partido non defraudou, o Culle dende o principio foi quen de dominar o partido ainda asi o equipo pontevedrés era quen de competir e non quería despegarse do marcador , tal cual foi así que no descanso o marcador reflexaba un empate.

Na segunda metade o Sutenor foi quen de volver a coller certas ventaxas no marcador que daría a tranquilidad sobre todo nos últimos minutos do encontro . Con esta victoria o Balonmán Culleredo Sutenor conseguía o pase o sector nacional e o  pase a final do Play Off

Por parte do Culleredo xogaron : Marco Gonzalez, Rubén Ganes, Hugo Diaz,Jaime Serrano (1),Aaron Blanco (3), Iago Vázquez(1),Jose Martinez(6),Iván Sánchez (5),Adrián Veira(4),Samuel Seijas (8),Anxo Negreira (2),Alejo Martinez(7), Mateo Pérez y Antón Pérez

Unha final que xogaría o anfitrión Xiria e o Sutenor.

Final moi disputada onde o Culle primeriro mandaba no marcador pero que logo o Xiria era quen de igualalo, unha primeira parte onde as defensa impoñianse o ataque , xa que os nervos facían mella nos dous equipos.

Co paso dos minutos e xa na segunda metade o Xiria conseguía unha ventaxa de 2-3 goles, pero  o culle cun golpe de autoridade conseguia empatar e poñerse por diante grazas a un bó traballo defensivo.Uns últimos minutos de locos onde o Sutenor con 2 goles arriba complicábase no ataque e daba pé ao Xiria para poder empatar ,ainda así o partido  remataba cun lanzamento de golpe franco a tempo paradoa favor do Xiria  que enfrontábase a barreira do Culleredo , o que facía que o equipo Cullerdense conseguira o campeonato galego cun marcador moi igualado de 23-24. Noraboa os dous equipos finalistas polo gran partido disputado  e sobretodo noraboa o equipo Cullerdense polo esforzó realizado todo o ano , que en consecuencia dese traballo puideron lograr o premio final do  pase o campeonato de España e o título galego infantil masculino.

Xogaron por parte do Culleredo Sutenor : Marco Gonzalez, Rubén Ganes, Hugo Diaz,Jaime Serrano,Aaron Blanco (4), Iago Vázquez(1),Jose Martinez(3),Iván Sánchez (2),Adrián Veira(1),Samuel Seijas (8),Anxo Negreira (4),Alejo Martinez(1), Mateo Pérez y Antón Pérez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *