Saltar ao contido

BM CULLEREDO SUTENOR, CAMPIÓN GALEGO

Os equipos Benxamíns do BM Culleredo disputaron e desfrutaron das fases finais en O Porriño

O equipo infantil masculino BM Culleredo SUTENOR proclamouse campión Galego este domingo en Carballo, superando ao Garaysa Xiria pola mínima (23-24).

Comezou o campionato cun enfrontamento o sábado ante o Cisne de Pontevedra, e logo de saír victoriosos enfrontábanse o domingo ao gañador da eliminatoria Abegondo-Garaysa Xiria.

Ademais do título de campión Galego, os Cullerdenses lograron unha das tres prazas para o campionato estatal de categoría infantil masculina. Acompañarán ao Culleredo nasfases nacionais coma representantes de Galicia o Garaysa Xiria e o EM de Abegondo.

Ademais Samuel Seijas, xogador do Culle, levou o premio ao millor xogador da tempada de toda a liga. Unha honra para o clube

Un paso máis para este moi bo grupo que ven amosando que o traballo ano tras ano da os seus froitos.

O Porriño acolleu as finais das ligas alevíns BM5 e benxamíns BM5

Tres eran os equipos benxamíns do Culle clasificados para as "final four" de cada unha das catro ligas da categoría. O clube Balonman Culleredo foi o clube con maior representación de Galicia na xornada.

Os rapaces do Despreocupate.es fixéronse co título de liga, mentres que o Cristalería Gestal e os cativos do Baía edicións ocuparon as cuartas prazas nas súas categorías.

Os rapaces desfrutaron da intensa xornada na que máis de 200 rapaces mediron as súas forzas e, a pesares do cansancio deron o máximo. Todos viñeron de volta con medalla, botellin de auga e balón de balonmán. Bravo pola federación galega de Balonmán.

Asignadas as sedes de fase de ascenso Senior Masculina e sector Nacional Cadete masculino

No vindeiro fin de semana o equipo Senior Masculino do BM CULLEREDO desputará en Oviedo a fase de ascenso a primeira división nacional. Os rapaces Cullerdenses parten con moi bo estado de forma e ánimo.

Ademais, dende o venres e ate o domingo, o BM CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS, de categoría cadete masculina, disputará a primeira fase do campionato de España en Alcalá de Henares. Un gran premio para estes rapaces que hai unha semana proclamábanse subcampións galegos.

Hai canteira...

O traballo o longo destes anos no Balonmán Culleredo comeza a dar os seus froitos, con practicamente tódolos equipos da base disputando as súas respectivas "final four" das categorías nas que militan, destacando o campionato galego infantil masculino, o subcampionato galego cadete masculino e a clasificación para a fase de ascenso a primeira división nacional do equipo senior masculino. Moi boa tempos para a xa gran familia do Culler que, nunha tempada tremendamente complicada por mor da pandemia, non fixo máis que facerse máis forte, superando por primeira vez na súa historia as 250 licencias, nas vésperas do 30 aniversario do clube. Culleredo sona en Galicia para ben, e non só polos bos resultados, senón tamén por ser exemplo de traballo de canteira e de xogo limpo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *