Saltar ao contido

APAIXOANTE FASE FINAL BENXAMÍN EN PORRIÑO.

Esta sábado, tres dos nosos equipos benxamíns, Cristalería Gestal, Baía Edicións e Despreocúpate, desprazábanse a Porriño a xogar a fase final de cadansúa liga, nunha xornada moi divertida, didáctica e única de puro balonmán para os nosos peques.

O grupo de nenas do Cristalería Gestal, acadou o carto posto, xogando con dous equipos fortes e con moita historia no balonmán galego da zona sur, o Lalín e o A.D. Carballal. Malia as derrotas, as nosas nenas non deixaron de loitar polo balón en ningun momento, amosando un gran caracter competitivo e unha magnífica actitude. Dende logo, temos unhas auténticas guerreiras no Culle. Noraboa polo esforzo, rapazas!!!!!

O Baía edicións, enfrontouse a o Seis do Nadal de Vigo, nun partido moi intenso e con prorroga, na que os nosos non eran capaces de superar a un rival de moita embergadura. O segundo encontro, enfrontábanse ante o Lalín, onde os nosos volvían a facer un gran esforzo ante un rival complicado gañando dous tempos a tres, acadando así un 4º posto na clasificación. Se algo caracteriza a este grupo de rapaces e o espíritu de equipo e a seriedade que lle poñen cando teñen o balón nas mans, seguimos medrando e aprendendo, noraboa polo traballo!!!!!!

Por último, os rapaces de Vilaboa, o Despreocúpate, tocáballe xogar contra o Acanor Novás, gañando 3 tempos a 1, nun duelo de intensidade na que a defensa dos nosos foi quen de frear constantemente ao rival, logrando así o pase a final. Dita final, foi xogada ante o Asmubal Meaño, encontro moi equilibrado entre ambos conxuntos chegando a un empate con prorroga onde os nosos, tirando dos folgos fináis, defenderon con garras e dentes os 4 minutos desta, obtendo un resultado de 7 goles a 1. Final vibrante onde conseguimos o merecido primeiro posto!!!!!! Noraboa a este grupo de rapaces que non deixan de medrar e desfrutar neste deporte. Bravo campións!!!!!!!!!!!!!!

Noraboa tamén a Federación Galega de Balonmán pola magnífica organización deste gran evento, no que todos os rapaces defrutaron a tope do que sen dúbida foi unha auténtica festa do balonmán!!!!

FOOOORRRRRZAAAAAA CUUUUULLEEEEEE!!!!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *