Saltar ao contido

CAMISETA CONMEMORATIVA DA FASE DE ASCENSO E SECTORES NACIONAIS!

Co gallo da clasificación do noso equipo senior masculino para a fase de ascenso a Primeira Nacional e da clasificación do equipo cadete masculino Bm Culleredo Indutec Ingenieros para a desputa do Campionato de España cadete (así como a probable clasificación do equipo infantil masculino Bm Culleredo Sutenor), dende o clube Balonmán Culleredo poñemos á venda un pack de dúas camisetas técnicas conmemorativas de edición única e especial, unha lila e a outra rosa.

Mercando o pack (15€) estarás axudando ao clube, e por ende aos rapaces, á financiación das viaxes aos respectivos campionatos nacionais.

Para facerte coas túas camisetas desta edición especial tan só tes que facer click no seguinte link, pero non agardes moito pois temos unidades limitadas!

https://app.cluber.es/clubes/cac6d7c71c2494f6726270aa45dd3fe7929f07f2/pagos/64530f468d8aa9e5f9e50d28f79df774e3fd79f8

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *