Saltar ao contido

CLAUSURA AO GRANDE DA FINAL FOUR E BRILLANTE SUBCAMPIONATO GALEGO PARA O BM. CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS

Onte domingo pola tarde celebrábase no pavillón O Gatañal de Cangas as finais da categoría cadete, tanto en masculino como en feminino. Despois dunha fin de semana repleta de balonmán, quedaba por dilucidar quen serían os campións de ambas as categorías  nunha xornada festiva chea de soños e  ilusións.

A final cadete Masculina sería a primeira en levantar o pano e así, en horario taurino (a cinco da tarde), BM. Culleredo Indutec Ingenieros e Balonmán Porriño citábanse para loitar polo premio gordo.

Foi un duelo intenso, frenético, cun Balonmán Porriño que tomaría a dianteira desde os primeiros minutos e un equipo cullerdense que seguía de preto ao seu rival, negándose a facilitarlle un distanciamento maior. Ao paso polo meridiano, o 6-7 mantiña a incertidume dunha batalla ao grande, cos do Porriño creando dificultades ao Indutec Ingenieros coa súa defensa profunda e presionante e os seguidores de ambos os conxuntos deixando toda a paixón en cada acción. Os de Culleredo, erráticos por momentos tanto en fase de ataque como na retagarda, cederían lixeiramente no tramo final do primeiro acto para irse ao descanso cunha desvantaxe de catro goles (11-15).

Comezaban o segundos trinta minutos dunha loita sen cuartel, cos porriñeses afianzados no xogo cunha cómoda vantaxe e os cullerdenses acudindo a un segundo plan para lograr a remontada. Nos momentos máis delicados e cando o BM. Culleredo Indutec Ingenieros buscaba reducir as diferenzas no electrónico, converteríase en figura vital e determinante o porteiro rival, que cunha actuación estelar erixíase como bastión imprescindible para os intereses do seu equipo. O Balonmán Porriño moveríase entón nesa seguridade que transmitía a súa portería, que unido ao seu bo facer no posicional e a tranquilidade que lle outorgaba a súa cómoda vantaxe, permitíalle xogar co tempo a favor. O BM. Indutec Ingenieros non cejaría no seu intento, demostrando un compromiso competitivo encomiable e aínda que non sería capaz de superar ao seu rival na tarde deste domingo festivo, a grandeza do subcampionato, conseguindo o pase ao sector nacional, exalta ao conxunto de Culleredo ata ou máis alto, onde só se sitúan os elixidos.

Festa final ao grande na entrega de premios, onde os xogadores do BM. Culleredo Indutec Ingenieros xunto aos outros participantes, tanto masculinos como femininos, gozarían dun recoñecemento merecido ao seu bo facer nesta final Four, completando así un excelente camiño desde aquel mes de Agosto no que empezaban a adestrar.

BM.Culleredo Indutec Ingenieros: 26 (11+15). Javier Ansede (p), Iván Manzo (P), Iago Bescansa (2), Xoel Ínsua, Marcos Regueiro (2), Lucas Sánchez, Nicolás Vázquez , Shaiel Costa (3), Nuno Loxo (7), Senén Garea (2), Álvaro Dieguez, Teo Calvo, Samuel Seijas (6), Diego Del Río (2), Juanfran Pazos, Pablo Fariña (2), Adrián Pestonit.

Balonmano Porriño: 31 (15+16). Adrián Carrera (3), Hugo Rodríguez (2), Josúe Rodríguez, Eduardo Alonso (8), Martín Bar, Roberto Castro (10), Alex Ocampo, Rodrigo Pereyra, Xulio Fdez, Daniel Martínez, Nicolás Giráldez, Iker Balado, Juan Rodríguez (8).

Parciais cada 5´: 2-5 / 4-6 / 6-7 / 9-10 / 10-14 / 11-15 /Descanso/ 14-18 / 16-21 / 19-22 / 22-27 / 24-30 / 26-31 / Final.

Colexiados: Cesar Díaz e Abel Juncal. Non influiron no resultado final.

Incidencias: Final do Campionato galego da categoría cadete masculina celebrado no pavillón O Gatañal de Cangas. Ambente excepcional nas bancadas con moitos siareiros, pais e familiares desprazados dende Culleredo.

Fotos Do Partido:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *