Saltar ao contido

O BM Culleredo Indutec Ingenieros, subcampión Galego

As rapazas do BM Culleredo Fisioterapia Benestar, terceiras de Galicia na categoría cadete femenina

O BM Culleredo Indutec ingenieros, subcampión Galego da categoría
Logo da clasificación para a fase de ascenso a primeira división Nacional lograda o pasado fin de semana polo equipo sénior, agora é o equipo cadete masculino o que logrou todo un hito nesta tempada tan atípica.
Este sábado e domingo disputouse en Cangas do Morrazo a "final four" de categoría cadete masculina, no que o BM CULLEREDO Indutec ingenieros acadaba o sábado o pase a final logo de vencer ao clube Cisne Balonman. Deste xeito os rapaces Cullerdenses lograron praza para participar no campionato de España da categoría.
Xa o domingo o rapaces do Culle enfrontábanse ao BM Porriño, vencedor da outra semifinal do sábado, e caían nun apaixoante partido por 31-26 goles. Os Cullerdenses non puideron lograr o campionato Galego ao verse superados polos rapaces do adestrador Xosé Canedo, paradoxicamente nado e formado nas categorías base do Balonmán Culleredo, máis lograron un meritorio subcampionato Galego, aderezado como xa dixemos coa clasificación para o campionato de España cadete masculino, que se celebrará dentro de dúas semanas.

O BM CULLEREDO Fisioterapia Benestar, terceiro de Galicia na liga prata
Neste fin de semana tamén disputaban a "final four" cadete femenina da liga prata en Lalín. 
Nun primeiro partido caeron ante as anfitrionas do Lalín, logo dun partido con moitos nervios e moi disputado.
Xa o domingo xogaban pola terceira praza ante o BM Ribadosar, ao que venceron por ventaxa de dous goles, proclamándose terceiras de Galicia na liga prata.
Compre salientar o gran éxito destas rapazas, pois por mor das dificultades pandémicas o seu número era moi xusto, pero axudadas por unhas infantís ilusionadas lograron o meritorio posto nesta tempada.

O vindeiro fin de semana: finais nas categorias infantil masculina e benxamín mixta
O vindeiro sábado O Porriño albergará as fases finais das catro ligas benxamíns. Serán un total de 16 equipos de rapaces e rapazas de 8-9 anos de toda Galicia, dos que nada menos que tres equipos son de Culleredo. Un éxito total xa lograr a participación, e ben seguro que será unha xornada festiva apaixoante para os rapaces.
E entre sábado e domingo, en Carballo, disputarase a "final four" de categoría infantil masculina liga ouro, no que o BM Culleredo Sutenor loitará polo título de campión Galego e por unha praza para o campionato de España ante o BM Abegondo, E. BM Xiria e ao Balonmán Cisne de Pontevedra. Da gran idea do nível do balonmán do norte de Galicia o que tres dos catro millores equipos de Galicia sexan da provincia de A Coruña.
Un final de tempada moi completo para o clube Balonman Culleredo

Afeccionados do Culle en Cangas do Morrazo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *