Saltar ao contido

O BM. INDUTEC INGENIEROS SACA BILLETE PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA E LOITARÁ POR SER CAMPIÓN GALLEGO

O BM. Indutec Ingenieros conseguíu o ansiado obxectivo de clasificarse para o campionato de España e fíxoo de forma brillante ante o Cisne Colegio Los Sauces, un gran conxunto que non lle puxo as cousas nada fáciles aos de Culleredo.

A pesar da vitoria, o Indutec Ingenieros non entrou con bo pé no encontro e pronto víu como o seu rival adiantábase cun parcial de 0-3, obrigando ao técnico cullerdense a esgotar o seu primeiro tempo morto. Bastou con ese minuto de recompor ideas e subliñar conceptos para que os rapaces volvesen ao 40x20 cunhas ideas tácticas máis claras á hora de enfrontarse ao 5:1 dos pontevedreses e ao paso polo meridiano, o electrónico reflectía a primeira vantaxe do equipo de Culleredo (6-5). Alternando o sistema 6:0 co 5:1 na retagarda e cunha labora notable de Iván na portería, o Indutec Ingenieros cerraba os camiños cara á súa portería para escaparse ata os catro goles de diferenza (11-7). En ataque, tanto en 3.3 como en 2:4, o equipo mostrábase resolutivo e superaba á defensa rival para dominar ao descanso por un cómodo 15-11.

Na continuación houbo que sufrir e o equipo soubo competir, xogando co timing que máis interesaba e sobrepóndose á ausencia de Pablo, ao que se lle mostraba o cartón vermello e xa non podería participar máis no encontro. Nin a mixta a Nuno nin a dobre mixta a este e a Samu deron o seu froito e o BM. Culleredo Indutec Ingenieros non perdería a compostura ante os da cidade do Lerez. A diferenza xa non baixaría dos tres goles e no tramo decisivo os de Culleredo selarían o pase a esa final que os pode coroar como campións galegos da categoría.

Cisne Colegio Los Sauces: 25 (11+14). Luis Fdez, Mauro Lago (4), Mateo Castro, Xoán Fdez (4), Miguel Domínguez, Manuel Lorenzo (3), Gabriel Camilo Fontenla, Miguel Sierra (2), Adrián Pérez, Hugo Pérez, Breixo Fentanes, Pedro Fdez Couto (6), Manuel Torres, Iker Latas, Martín Santos (6), Roi García.

BM.Culleredo Indutec Ingenieros: 28 (15+13). Javier Ansede (p), Iván Manzo (P), Iago Bescansa (3), Xoel Ínsua, Marcos Regueiro, Lucas Sánchez, Nicolás Vázquez, Nuno Loxo (8), Senén Garea (5), Álvaro Dieguez, Teo Calvo, Samuel Seijas (7), Diego Del Río, Juanfran Pazos, Pablo Fariña, Adrián Pestonit, Shaiel Costa (5).

Parciais cada 5´: 1-3 / 3-3 / 6-5 / 7-6 / 11-7 / 15-11 /Descanso/ 17-14 / 20-15 / 22-18 / 24-19 / 26-23 / 28-25 / Final.

Colexiados: . Marta González e Silvia Vázquez.

Incidencias: 1ª Semifinal da liga Ouro en categoría cadete masculino disputada no pavillón o Gatañal de Cangas con presencia nas bancadas de siareiros do BM. Culleredo.

Fotos Do Partido:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *