Saltar ao contido

Sufrida victoria cunha remontada incrible para gañar a final 4

O Luns no pavillón municipal Vila de Noia de Carballo tivo lugar  a final da competición final a 4 que nos enfrontou o MC 360 POIO ARTAI.
Comenzamos o encontro con moi malas sensacions tanto na defensa coma no ataque .Moi pouca contundencia defensiva que era aproveitada polo Poio, que sempre conseguía superar nas situacións de 1x1 para lograr superioridades e  finalizar fácilmente  dende os 6 metros. O ataque Cullerdense atascouse  ante a defensa profunda dos 2° de Poio e non se encontraban solucións.Dominou o equipo Pontevedrés toda a 1° metade con vantaxas de 2,3 e ata 4 goles,ainda así chegouse o descanso con so 2 goles de desventaxa.
Tras o paso polo descanso,  esperábase unha reacción do Culle que tiña armas mais que suficientes para poder darlle a volta o marcador.Pero non foi así e repetiuse o guión da 1° metade chegando o minuto 18 onde o Poio chegou a coller vantaxa de 6 goles.O encontro parecía que xa  tiña un vencedor ,pero un cambio no sistema defensivo activou os de Culleredo que sacaron a sua mellor versión defensiva para recuperar balón e sair rápidos o contraataque.No minuto 52 o encontro xa reflexaba empate a 22 pero unha exclusión do Culle foi aproveitada polo Artai para conseguir aumentar a distancia  en 2 goles .Minuto 55 e 22-24 no electrónico, 2 boas  defensa e rápida saida o contraataque na que conseguimos recortar a diferencia   e empatar o partido. Quedaba 1 minuto e medio e a posesión era para o O POIO que non era capaz de encontrar gol  e o Culle recuperou a posesión gracias a unha boa defensa e parada do porteiro.A falta de 50 segundos tiñaos posesión para conseguir adiantarnos  no marcador.Accion de 2x2 no centro na que conseguimos forzar un 7 metros que fomos capaz de anotar e adiantarnos no electrónico ( 1° vez en todo o encontro). Quedaban 30 segundos para finalizar o encontro e a defensa do Culle consegiu frenar o equipo rival .Tras o pitido final o Poio tuvo a sua última opción xa que tivo lanzamento de golpe franco co tempo rematado.O porteiro Cullerdense atallou o lanzamento e conseguimos unha gran victoria que vale unha praza na fase de ascenso a 1° Nacional.
O traballo do equipo durante todo o ano merecía esta victoria , xa que foi un ano moi difícil e nos merecemos este premio.
Felicitar a todos os xogadores por non renderse nos 60 minutos e creer na victoria sempre .

Balonman Culleredo 25( 12+13) : Antonio, Javi (1),Pablo Gómez(2), Miguel (4) , Iago Franco (1),Rökkvi, Marcos (3),Daniel (4),Carlos ),Alvaro (2), Giraldez,Iago Ferreiro(1), Diego , Mario(1) Dario,Aresi(6)

Poio Artai 24 (14 +10) :Carlos,Alberto (5),Santiago Calvo ,Daniel(4),Omar(3)Fernando(6),Enrique, (1),José,Pedro, José Manuel,Martin (2),Alberto, Aitor ,Alberto Alonso (2), Santiago Picallo

Parciais cada 5 minutos : 2-4/3-6/5-8/7-10/9-11/12-14/Descanso / 13-17/ 14-19/16-21/18-22/22-24/25-24_FINAL

Colexiados : Andrés Rosendo e Pablo Barreiro  .Bo arbitraxe ,fácil e sen complicacions .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *