Saltar ao contido

Traballada victoria para facerse un oco na final

Tarde de Domingo no municipal de Tarrío onde o equipo cullerdense, se xogaba a semifinal da final four ante  o Acanor Novas Valinox B.
Comenzamos o encontro con pouca intensidade defensiva e moitas precipitacións en ataque ( perdas de pase , erros dende os 6 metros . ..).O equipo  Rosaleiro aproveitouno e foi mandando no marcador con vantaxas curtas de  1 e 2 goles durante os primeiros 20 minutos. A partir de ahí o Culle subiu un  punto a intensidade na defensa e dominaría no electrónico,  chegando o descanso cunha vantaxe de 1 gol.
Tras o paso polo descanso os Cullerdenses seguiron coa mesma intensidade defensiva e melloraron na efectividade no ataque,  minimizando as perdas de balón ,o que nos permitiu coller rentas de 3 e 4 goles. O Novás loitou todo o partido e nunca lle perdeu a cara ainda que o Culle soubo xogar co marcador e non sufrir para conseguir a victoria.

Hoxe , xógase as 18.30 no Pavillon Vila de Noia de Carballo a FINAL.  O rival será o MC360 POIO ARTAI , vencedor da outra semifinal .
Quedan 60 minutos para conseguir o obxectivo de estar na fase de ascenso , espérase un partido bonito e vibrante entre 2 bos equipos .

Balonmán Culleredo 26( 13+13) : Antonio, Javi ,Pablo Gómez, Miguel (3) , Iago Franco (3),Rökkvi, Marcos (3),Daniel (2),Carlos (1),Alvaro (3), Giraldez(1),Iago Ferreiro(1), Diego (1), Mario(2) Dario,Aresi(6)
Acanor Atlético Novas 23(12+11):Alejandro ,(3(,Diego José, Manuel ,Carlos,Santiago,Pablo (1),Marcos (10),Adrian (1),Jorge González,Yago (4),Jorge Vicente,Gabriel(2),Aitor (1),Jorge Martínez,Ruben(1)

Parciais cada 5 minutos : 2-2/3-4/5-6/9-9/12-9/13-12/Descanso /15-13/17-14/20-17/22-20/25-21/26-23 / FINAL

Colexiados : Andrés Rosendo e Christian García. Bo arbitraxe ,fácil e sen complicacions .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *