Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO RAFERGAL PON O BROCHE FINAL CUNHA GRAN DEFENSA

O BM. Culleredo Rafergal foi fiel aos números e estadísticas e afianzouse como mellor defensa da liga con 20.1 goles encaixados de media. Unha vez máis, superouse na retagarda e realizou un gran defensa ante o BM. Tui que levaría o equipo cara a vitoria para poñer o broche final á última xornada da liga Prata.

A pesares de entrar no encontro de forma errática e un tanto despistadas (0-4 min 4), as cullerdenses non tardarían en igualar o marcador (4-4 min 10) e mesmo adiantarse (7-6 min 15) para non ceder máis o mando no encontro e no electrónico. O cambio de 6:0 a 5:1 daría os primeiros froitos en forma de recuperacións de balón e sería un quebradizo de cabeza para as foráneas, que nunca puideron superar o traballo no avanzado de Paula e a contundecia do bloque central. A alternancia defensiva non provocaba fisura algunha na defensa local, que continuaba cunhas prestacións sobresaintes co sistema 6:0. O bloque compacto e homoxéneo das bravas xogadoras culleredenses, facían de todo inexpugnable o acceso cara á súa portería, protexida de forma notable por Diana. A pesar dalgúns erros de pase que acumulaban máis perdas das desexadas, o BM. Culleredo Rafergal gozaba dunha diferenza cómoda grazas a ese labor defensivo. Así, o conxunto rojilo mandaba cunha vantaxe de cinco goles ao descanso (15-10) e afrontaba o segundo acto con optimismo.

Na reanudación, as mozas de Culleredo saíron ao 40x20 coa mesma concentración e intensidade e tardaron dez minutos en aumentar a diferenza ata os nove goles (22-13). O partido estaba virtualmente sentenciado, pero o BM. Culleredo Rafergal seguía traballando con seriedade, fuxindo dos excesos de confianza. Consolidadas en tarefas defensivas, o conxunto de Culleredo podíase incluso permitir unha maior espesura en ataque nos últimos quince minutos, nos que só marcaría catro goles e de novo, ademáis, algúns erros de pase facían posible que as tudenses acurtasen diferenzas, pero nunca para poñer en perigo a vitoria local. Deste xeito, o BM. Culleredo Rafegal rubricaba un final de liga cun excelente sabor de boca e unha mellora máis que evidente con respecto a aquel equipo que empezaba a pretemporada o pasado mes de Agosto.

BM.Culleredo Rafergal: 28 (15+13). Diana Dozo (p), Carla Bello (3), Marina Rodríguez (2), Aitana Tasende, Adriana Antonio, Anheliz A. Alexander (2), Paula Valderrabano (10), Candela Puga (2), Carla Estravíz, Adela Areoso (1), Lucía Sánchez, Carlota Rodríguez (5), Marta Valderrabano (3).

BM. Tui: 22 (10+12). Inés Martínez, Noelia Deza (3), Lucía Troncoso (4), Alba De Marcos (1), Salma El Jabraqui, Aida Lorenzo (3), Alexandra Lemos (1), Lucía Pérez (2), Uxía Valcarcel, Carolina Loureiro (3), Iara Andrea Penabad, Sabel Vázquez (5).

Parciais cada 5´: 1-4 / 4-4 / 7-6 / 10-8 / 12-8 / 15-10 / Descanso / 18-12 / 22-13 / 24-15 / 24-18 / 27-19 / 28-22/ Final.

Colexiado: Christian García.

Incidencias: Derradeira xornada da liga Prata en categoría xuvenil feminina. O encontro disputouse no pavillón municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *