Saltar ao contido

A FINAL FOUR DA 1ª AUTONÓMICA XA ESTÁ AQUÍ!

As Final Four da 1ª Autonómica masculina e feminina xa están aquí, os días 16 e 17 de Maio poderemos presenciar un auténtico espectáculo. Tras unha longa e desputada tempada, chegamos á Final Four, na que se decide que equipo acompañará ao campión de cada categoría na loita polo ascenso.

Neste formato de Final Four desputaremos os encontros en 2 sedes diferentes, o domingo 16 poderemos velas 4 semifinais no pavillón de Tarrío e o luns 17 o escenario da loita polo 3º e 4º posto e as finais, será o pavillón Vila de Noia, en Carballo.

Para o domingo, no pavillón de Tarrío poderemos dispor de público, polo que poñemos á vosa disposición o enlace a través do cal podedes coller as vosas entradas (GRATUÍTAS) e desa forma acceder ao pavillón para poder ver este espectáculo en vivo e directo!

A continuación deixámosvos os partidos a desputar e o link de adquisición de entradas para poder asistir como público:

LINK PARA O CLUB BM TUI VS CIES OBRA CIVIL BM CHAPELA: https://app.cluber.es/clubes/cac6d7c71c2494f6726270aa45dd3fe7929f07f2/pagos/ed2485a76a684183c19726f199494bdcdb1e9759

LINK PARA O BM S.D. SAMERTOLAMEU VS DE PUEBLO CARN. BM PABELLÓN: https://app.cluber.es/clubes/cac6d7c71c2494f6726270aa45dd3fe7929f07f2/pagos/54fc2dfaecb1aac747a4a35af3830bd23a3de5d8

LINK PARA O BALONMÁN CULLEREDO VS ACANOR NOVÁS VALINOX "B": https://app.cluber.es/clubes/cac6d7c71c2494f6726270aa45dd3fe7929f07f2/pagos/f37df21e7aa126f8fd977f236ec01ab2e3524c8b

LINK PARA O MC360 POIO ARTAI VS BALONMANO PORRIÑO: https://app.cluber.es/clubes/cac6d7c71c2494f6726270aa45dd3fe7929f07f2/pagos/670c34b0a375d733e2dac45e63f2df19a9fd5c06

VEN E VIVE O ESPECTÁCULO DA FINAL FOUR!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *