Saltar ao contido

Gran partido de Constru e Remax en Vilaboa!

Última xornada ligueira e tocaba enfrontarse entre Constru e Remax, os dous equipos que xogan na liga de prata. O partido prevíase desputado, posto que ambos equipos foron crecendo ao longo da temporada e amosando que poden competirlle a calquera equipo da categoría. Chegaban ao envite con igualdade de puntos, tras unha tempada de moi bo xogo e na que se cumpliron sen dúbida todos os obxetivos de mellora con estos nenos.

Os primeiros minutos foron un intercambio de golpes, mantendo a igualdade no marcador en todo momento, con rápidos ataques e defensas moi intensas. Sen embargo, un bo parcial antes do parón para hidratarse dáballe a un Constru con maior efectividade en ataque e unha vantaxe de 5 goles que o Remax sería capaz de recortar un pouco antes do descanso.

O Remax viña xogando a un moi bo nivel durante toda a primeira parte, pero o acerto na portería impedíalles estar máis cerca no marcador. Con esa mesma dinámica empezaríamos a segunda parte, pero unha moi sólida defensa do Constru impedía que o Remax anotase, con numerosos roubos de balón e goles rápidos en contraataque, o Constru aumentaba a vantaxe ata os 13 goles antes da pausa desta segunda metade.

O Remax, que nunca se rende, seguía a loitar e a utilizar todas as súas armas para seguir competindo ata o final. Axustando a defensa e con un xogo colectivo de 10 en ataque, conseguían nos últimos 10 minutos reducir a diferenza no marcador ata os 9 goles para rematalo partido co marcador indicando 25-16.

Gran partido de ambos equipos, con unha competitividade intensa e moi saudable!

Bm Culleredo ConstruPereiro: 25 (13+12). Adrián (P), Rubén (P), Teo (4), Nicolás Casal (1), Xoán Canedo (3), Nicolás Arias (1), Nicolás Díaz, Fabián, Josemi (12), Pablo Ares, Hugo Bermúdez, Antón (4), Mateo Pérez.

Bm Culleredo Remax Riazor: 16 (9+7). Hugo (P), Bieito (1), Xoán (3), Jorge (1), Roi (1), Iago (1), Víctor, Félix (3), Álvaro (3), Diego, Mario (1), Mateo (1).

Parciais: 5-3 / 8-4 / 10-5 / 12-7 / 13-9 / Descanso / 19-9 / 20-9 / 23-10 / 24-13 / 25-16 / Final

Colexiados: Ángel Mateos e Uxía Mariño. Sen problemas.

Incidencias: Encontro correspondente á última xornada da Liga de Prata infantil masculina do grupo A. Partido desputado en Vilaboa con público.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *