Saltar ao contido

FINAL FOUR XUVENIL PRATA

Esta fin de semana, os nosos xuvenís `Bermúdez Ulloa´, desprazábanse a Lalín a desputar a final four polo podio galego da liga prata, nun formato de semifinal (sábado) e final e tercer e carto posto (domingo).

O sábado, os nosos encaraban a semifinal, contra os segundos do grupo B da categoría, o Balonmán Lalín. Partido que afrontábamos con gañas e ilusión e con moitas expectativas postas na final do domingo. Os nosos comezaban fríos, con pouca actitude defensiva, con erros de vasculación que propiciaban sendas envestidas do rival. Malia iso, o noso ataque, era quen de acercarse aos rivais con lanzamentos sorpresivos dende os nove metros. Ao final da primeira metade, tan so estabamos 3 goles abaixo.

A tónica da segunda parte asemellou similar, continuamos fríos en defensa, punto clave para levantalo encontro e obter boas e rápidas solucións en ataque. A falta de trocos, eo cansanzo acumulado da primeira metade, lastrounos ata o final do encontro, rematando este cunda diferenza de 9 tantos.

Partido para olvidar dos nosos, do que sen dúbida aprenderemos unha gran lección balonmanística.

CULLE BERMÚDEZ ULLOA 25 - 34 CARPINTERÍA JAR LALÍN

GOLES

Briones 9, Kidus 3, Chao 2, Gonza 5, Puguita 1, Gerpe 1, Alexo 1, Guillem 1

PARCIAIS CADA 5'

1-3, 3-5, 5-7, 7-10, 9-14, 11-14, 14-20, 16-23, 17-27, 19-30, 22-32, 25-34

ARBITRAXE

Alfonso Canitrot, Cristina Olleros

_______________________________________________________________________________________________________________________

Borrón e conta nova, logo dunda xornada intensa de balonmán o sábado, o domingo, volviamos a desprazarnos a Lalín a desputar o encontro polo 3er e 4º posto ante o histórico Balonmán Cangas.

O partido comezou con moita igualdade entre os dous equipos, pero un aumento da intensidade defensiva do noso conxunto propiciu varios erros de lanzamento dos de Morrazo, o que provocou unha dinámica moi positiva nos cullerdenses que poideron afastarse no luminoso chegando a alcanzar unha vantaxe máxima de 5 goles. Vantaxe coa que irían ao descanso.
A Segunda metade comeza de maneira agridoce para os nosos que poideron xerar varias situacións de lanzamento cómodo, mágoa que non puidemos materializalos con éxito.
Por mor dos erros de lanzamento, o Cangas poñiase un tanto por diante no intervalo dos 15 minutos, poñendo aos nosos contras as cordas.
Na reanudación do partido os nosos foron a contracorrente malia que continuaron loitando. Os desaxustes denfesivos polo cansancio acumulado, fixeron pagar factura, de tal xeito que non se lle poido dar a volta ao marcador e deste modo tan cruel decir adeus ao podium galego.
O Culleredo fixo un gran partido sobre todo na faceta defensiva e atopando solucións cómodas en ataque, pero nesta ocasión, e desgaste físico e mental, fixo mermar as nosas posibilidades de acadar dito terceiro posto no podium galego.

Noraboa a todos polo gran esforzo feito nesta fin de semana, non podemos permitir que estes últimos encontros manchen a gran imaxe que demos durante toda a tempada. Orgullo de rapaces e orgullo do gran equipo que forman. Seguimos medrando, esto solo acaba de comenzar.

FORZA CULLE!

CULLE BERMÚDEZ ULLOA 33 - 39 BALONMÁN CANGAS

GOLES

Briones 9, Chao 5, Gonza 2, Eloy 3, Del Busto 5, Kidus 6, Alexo 3

PARCIAIS CADA 5'

4-4, 9-9, 14-11, 17-12, 19-14, 21-16, 23-19, 25-21, 27-26, 29-30, 30-34, 33-39

ARBITRAXE

Diego Rivera Senra

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *