Saltar ao contido

O PODER E NON PODER DUNHA FINAL FOUR

O Balonmán Culleredo Canosa Abogacía viaxou a terras redondeláns este sábado 8 de maio para disputar a Final Four da Liga de Prata. A xornada dividiuse en semifinais pola mañá e o terceiro / cuarto e último posto pola tarde.

Unha semifinal na que se enfrontaría ao Sar B e coa información de que Sar A xa estaba clasificado para a Final.

Despois de toda unha semana de adestramentos baseados no coñecemento dos seus rivais, o Culle non mostrou a súa cara habitual competitiva ante un balonmán máis defensivo amosado polos rivais. A incerteza creada nas xogadoras, xunto cos nervios de saber que se xogaban, pasaron factura ao equipo, tardando en entrar na dinámica do xogo. Quizais 10 minutos máis causarían unha vitoria para o equipo de Culleredo, pero reaccionaron demasiado tarde co resultado final Sar B 22 vs  Balonman Canosa Abogacía 17.

No partido da tarde a loita polo 3º e 4º posto contra o EDM Salceda onde o equipo rival parecía máis asequible e había posibilidades dunha vitoria algo máis cómoda xa que o rival tiña indicios de estar tocado do partido da mañá contra o Sar A. Pero as de Canosa Abogacía non souberon aproveitar a oportunidade dando unha cara totalmente diferente á da mañá; pases sen sentido, perdas de balón, ataque pouco fluído e defensa débil. A vitoria pasou de largo máis que nunca xa que nunha fase do encontro a pesar de todas as sombras conseguíase empatar o encontro . O resultado final sería Edm Salceda 13- Balonman Culleredo Canosa Abogacía 8.

A pesar de toda a negrura que foi o día no que se adoita dicir "hoxe non é o noso día", queda unha nova experiencia na memoria para o equipo infantil feminino e con moitas cousas aprendidas que seguramente serán válidas para futuras competicións

Con esta xornada a tempada 20/21 rematou deixando as nosas nunha 4ª posición na Liga de Prata e o Sar A como campión.

É hora de mirar a próxima tempada e seguir adestrando para progresar e mellorar aos poucos.

Galería de fotos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *